Microrrelatos de terror
Volvemos a contarnos contos de TERROR nestas datas que tanto o propician. Propoñémosvos que realicedes un moi breve relato, inpirándovos nalgunhas das imaxes que están abaixo.
Velaquí, as BASES DO CONCURSO:
1.
Velaquí, as BASES DO CONCURSO:
1.
Os
microrrelatos deben ser inéditos (non copiados), encadrarse dentro
do xénero do terror e
relacionarse con algunha das catro imaxes indicadas.
2.
Os
microrrelatos han de ter unha extensión máxima de 125 palabras.
3.
Os
microrrelatos poderán estar escritos en galego, castelán, inglés
ou francés.
4.
Os microrrelatos poderán estar acompañados ou non dunha
ilustración.
5.
Debedes
procurar que a redacción sexa fluída e non haxa faltas de
ortografía.
6.
O
prazo de entrega remata o venres
8
de novembro.
7.
Os microrrelatos entréganse na biblioteca, co voso nome, apelidos e
curso, ou poden enviarse a: lerunmardecontos@gmail.com
8.
O
xurado estará conformado polo profesorado do Equipo
de biblioteca e dos departamentos de linguas do IES.
9.
Poderá
haber ata tres premios en cada idioma: un para o mellor microrrelato
de 1º a 3º ESO e FPB, outro para 4º ESO, Bacharelato e Ciclos, e
outro para o mellor relato ilustrado.
3.
Agardámosvos!
¡Os
esperamos!
Waiting for you!
Attendons pour vous!
Empezaron a botarlle terra enriba. Viu aos máis vellos da comunidade en primeira liña, como manda a Lei, ao carón da súa tumba. Por un intre tivo un asomo de rebeldía. ¿Porqué teño que morrer sendo tan xoven?. ¿Porqué non algún dos vellos?. Pero pronto se calmou. Así eran as cousas e así tiñan que ser. Así era dende tempos inmemoriais. Tocaralle a él e non quedaba máis que aceptalo. De súpeto, douse conta de que comezaba a ter dificultades para respirar. Non tardou moito en sentir xa a terra na súa faciana. Pechou os ollos, definitivamente.Pouco a pouco, con un groseiro malestar, foi sentindo que se iba, que se iba. E foise.
ResponderEliminar