Entre goles e brazadas

O club xa vai navegando... No grupo 1 empezamos co fútbol... limos algo desordenadamente algúns textos do libro 366 historias del fútbol mundial que deberías saber , de Alfredo Relaño , un libro co que en breves capítulos podes enteirarte dun montón de curiosidades como cando se empezaron a poñer os números nas camisetas dos xogadores ou a sacar tarxetas vermellas e amarelas, de que a película Evasión ou vitoria se inspirou nun partido real disputado entre prisioneiros de guerra ucranianos e nazis ou de que un xornalista gaditano foi o inventor das tandas de penaltis. Aínda continuaremos con algunha outra historia de fútbol e outros deportes. E no grupo 2, o pasado mércores falouse sobre natación e outras profundidades. A maioría mesmo atreveuse a responder a pregunta "Por qué darías ti a vida?"... extraída da novela gráfica El gusto del cloro , de Bastien Vivés, que están xa a ler enteira, mentres gozan das belas i...