Velaquí están os terroríficos microrrelatos (por orde de curso crecente): A FRAGA ENCANTADA Había unha vez un bosque onde todas as árbores non tiñan follas; había un grupo de nenos que andaban de paseo pola fraga, encontráronse cunha bruxa que lles preguntou se querían un corazón de zombie, pero eles dixeron que non tiñan diñeiro para pagalo. A bruxa non lles pedía diñeiro, pedíalles a alma dun deles; e entón, non aceptaron, pero a meiga seguía os seus pasos, cando ninguén miraba rouboulle a alma a un dos nenos, e os demais non se decataron ata que chegaron ao seu barrio, cando o encontraron morto só llo contaron aos seus pais; estes foron á fraga buscar o cadáver, atoparon a bruxa que tiña a alma do neno dentro dunha bóla de cristal, apoiada na súa man. Para recuperar a súa alma tiñan que pasar unha proba que consistía en arrincar os ollos a un dos nenos e volver poñerllos, fixérono e devolvéronlle a alma ao neno, pero o rapaz non volveu ver nunca máis! Santiago...