Visita do Politécnico de Vigo

Na libraría Moito conto Chegada á Coruña de "Temos moito conto" O xoves 25 gozamos dunha simpática visita. Gústanos xogar coas coincidencias deste encontro: viñeron desde un IES Politécnico e nós somos un ex-Politécnico, visitáronnos do Club de lectura " Temos moito conto " e nós somos "Un mar de contos", nós somos da cidade en que naceu Urbano Lugrís e eles da que finou... E, como estamos a xogar, aínda quixemos forzar un pouco máis os puntos de unión. Ademais de realizar con eles unha visita guiada pola exposición permanente do noso centro " Océano Lugrís ", fomos ata a libraría Moito Conto , onde unha das súas donas, Esther, charlou con nós sobre librarías, o mundo editorial, a lectura por pracer... e do que foi xurdindo. Xantamos no restaurante Brasa y vino , a carón de pinturas lugrisiáns e rematamos a visita camiñando ata a praza José Sellier para adminar o mural coa reprodución da Illa de San Barandán ...