Recital no día de Rosalía

No día de Rosalía , o 24 de febreiro, celebramos a súa figura cun recital de poesía e música no salón de actos. A poesía de Rosalía amosa sufrimento, emoción e... tamén o difícil que foi a súa vida hai máis de un século. I Daquelas que cantan ás pombas i ás frores todos din que teñen alma de muller; pois eu que non as canto, Virxe da Paloma, ¡Ai!, ¿de qué a teréi? II Ben sei que non hai nada novo embaixo do ceo, que antes outros pensaron as cousas que hora eu penso. E ben, ¿para qué escribo? E ben, porque así semos, relox que repetimos eternamente o mesmo. Grazas aos profes Xulia e Pedro por esta iniciativa! E, sobre todo a quen recitáchedes e nos puxestes música! Tedes algunhas fotos máis no facebook da biblioteca , todas feitas pola profesora Francisca.