O Club de lectura e ALICE MUNRO

O pasado martes 8 de outubro tivemos a nosa primeira xuntanza deste curso. Viñeron os e as máis fieis do curso pasado e uníronse vairas caras novas de 1º ESO. Aínda que o tempo non deu para moito, chegamos a acordar ler neste primeiro trimestre El asesinato del profesor de matemáticas, de Jordi Sierra i Fabra (Barcelona, 1947), un magnífico autor xuvenil, do que temos un montón de libros -en castelán e tamén en galego- á vosa disposición. E temos tamén nomeados varios axudantes para colaborar na organización das reunións.

Quedamos, ademais, en que a próxima reunión teríamola o martes 28 de outubro. A ver se desta volta non se esquece ninguén...

Aproveito que me poño para lembrarvos que estamos a redactar as bases do II Concurso de microrrelatos de terror, esta vez con novidade "plurilingüe"...


E non vou rematar sen facer mención de que hai uns días se concedeu o Premio Nóbel de literatura a unha escritora canadense, Alice Munro (Ontario, Canadá, 1931), especialista en relatos cortos, realistas, con ton pesimista, pero moi atractivos ao tempo. Déixovos un enlace cun dos seus contos, "Radicales libres", moi do seu estilo, e aderezado con algún asasinato (xa que estamos co tema...).


Comentarios

  1. Unha boa razón para ler a Alice: vainos transportar a outros mundos sen saír deste...

    ResponderEliminar

Publicar un comentario

Entradas populares de este blog

CRISTINA GARCÍA RODERO, fotógrafa de la memoria, la emoción y la identidad

Microrrelatos de terror... con algo de conto galego