Día da biblioteca, dedicado aos axudantes

Desde o 24 de outubro de 1997 celébrase o Día Internacional da Biblioteca , co obxectivo de conmemorar a destrución da Biblioteca de Saraxevo , incendiada en 1992 durante a guerra dos Balcáns . Coas novas axudantes Nós dedicamos esta semana, en particular hoxe mércores 25, a celebrar o Día da Biblioteca escolar. E centrámos sobre todo na figura de axudante de biblioteca, como unha forma de agradecer a súa colaboración clave para o bo funcionamento da nosa biblioteca . Aproveitamos tamén para agradecer os poéticos barquiños de papel que nos fan navegar no noso particular mar de contos. E, con eles, por suposto, falamos da Biblioteca lugar para pensar Animámovos a que leades a mensaxe de Alejandro Palomas para celebrar o día da Biblioteca deste ano. Leva o suxestivo título de "Como Mary Poppins, pero sen voar". E se aínda tedes máis ánimo para ler, quedan...