Women in art, with Benny

O mércores 22 de marzo tivemos de novo a oportunidade dunha English session co lector Benny. Falounos de varias pintoras contemporáneas, encandrado así o seu discurso na temática deste ano no Club de lectura. Guerrilla Girls Sorprendeunos contándonos de pintoras feministas, reivindicadoras de diferentes e transgresores modos do papel das mulleres na arte. En concreto, detívose nas Guerrilla Girls , Barbara Kruger e Judy Chicago . Tedes a súa presentación no curso de biblioteca da Aula virtual. Resultou moi interesante todo o que dixo, así como tamén as intervencións das e dos participantes. De novo, quedáronnos ganas de máis...