Primeira reunión do Club

Bueno, primeira reunión deste curso..., que terá lugar o próximo mércores 1 de outubro. Nela, en primeiro lugar falaremos de que a profesora Francisca vai ser unha nova colaboradora, esperamos que d e forma continua. Logo trataremos de aspectos organizativos (división en dous grupos do club -1º e 2º ESO e CFB por unha parte, e de 3º ESO en adiante pola outra-, calendario de reunións...). Finalmente, centrarémonos nos nosos plans de lectura. A proposta para iniciar o curso é Jules Verne , cando menos para o grupo 1. Imos ver que coñecedes, que vos atrae e decidir que imos ler en concreto. Para abrir apetito, leremos (en máis de unha sesión) o conto de O motín da Bounty . Monumento a Verne en Vigo