Fin de curso

Co fin de curso chegou o momento de facer públicos os booktrailers de que tanto falamos, o resultado de varios meses de traballo. No festival do último día (o venres 20 de xuño) resoaron fortes aplausos mentres discorrían os sucesivos vídeos ante os nosos ollos e logo o making off . Por suposto, tamén foron sonoros ante os poemas, a música, os bailes e os premios dese emotivo día. Todos os aplausos foron moi merecidos, polo que estabamos a ver e por este curso que remata e que xa forma parte da nosa experiencia vital. Agora toca descansar e desconectar... Desde a biblioteca, recoméndamovos calquera lectura apetecible para o verán... e en particular, sempre podedes ler os libros que vos suxiren estes booktrailers: - La Fundación , de Buero Vallejo - Tres metros sobre el cielo , de Federico Moccia - Aire negro , de Agustín Fernández Paz - Matilda , de Roald Dahl - Le petit Nicolas , de René Goscinny E aquí o máis divertido: o making off [Como vedes, todo ...