Falando de pequenos relatos... e números

Este martes pasado, o 29 de outubro, tivemos reunión do club de lectura no recreo e charlamos sobre O asasinato do profesor de matemáticas , o libro que centra as nosas charlas de momento; falamos tamén doutros libros de Sierra i Fabra, de concursos en marcha (esperamos moita participación nos Microrrelatos de terror) e fixemos plans para próximas reunións (das que en breve indico as datas confirmadas). E falando de mate, atopei estes días un breve relato (aínda que non micro) que trata de aritmética... e fíxome sorrir. A ver se con vós tamén o logra: "Vamos a inventar los números -¿Por qué no inventamos unos números? -Bueno, empiezo yo. Casi uno, casi dos, casi tres, casi cuatro, casi cinco, casi seis. -Es demasiado poco. escucha estos: un remillón de billonazos, un ochote de milenios, un maramillar y maramillón. -Yo entonces inventaré una tabla: tres por uno, concierto gatuno ...