Di non á violencia contra as mulleres

Hoxe, 25 de novembro, celebramos o día contra a violencia de xénero (ou violencia machista, se preferides). E deberemos seguir lembrándoo con forza. As cifras de mulleres asasinadas e maltratadas seguen a ser escandalosas: - Entre 2003 e 2011 foron asasinadas 605 mulleres en España a mans das súas parellas ou exparellas. No 2012 levamos 47 mulleres mortas. No 2011 foron 66 as asasinadas. No 2010, 78. No 2009, 73... - Unha de cada tres mulleres asasinadas pola súa parella ten entre 15 e 29 anos. - No mundo, case a metade das mulleres que morren por homicidio foron asasinadas polos seus maridos, parellas ou exparellas; nalgúns países esta porcentaxe elévase ao 70%. - Aínda que é difícil obter cifras exactas debido á falta de rexistros, segundo os datos dispoñibles, no mundo unha de cada catro mulleres será vítima de violencia sexula por parte da súa parella no curso da súa vida. A maioría das vítimas de agresións físicas vense sometidas a múltiples actos de violencia d...