LEO-LAB (Memoria do curso 25-26)


Nos inicios dun novo curso, lembramos o que fixemos o pasado (o 2025-26) no marco do programa de innovación LEO-LAB: 

Creouse un equipo integrado polos membros da Biblioteca coa colaboración dalgún outro profesor/a en momentos puntuais.  Ao longo do curso, foise adaptando o espazo ás actividades levadas a cabo tratando de convertilo nun elemento máis a ter en conta no desenvolvemento da actividades. Moitos alumnos/as contribuíron nesta tarefa. 

O profesorado implicado foi todo o grupo ao longo de todo o curso:  Montse Miranda, África López, Rocío Castiñeira, José Carlos Aller, Ana Belén Burgos, Marta Armesto, M ª José Trinquete, Beatriz López, Narciso Otero, Beatriz Requejo, Marta Macía, Alfonso Iglesias e Isabel Dobaño. 

Algunhas das actividades:


 Preparouse a Biblioteca no Día das Bibliotecas coa elaboración de carteis e  dunha presentación para a pantalla do recibidor coas imaxes de bibliotecas do mundo.                      

    https://canva.link/dia-da-biblioteca-24-de-outubro  

En Samaín decorouse a Biblioteca con motivos temáticos para a entrega e lectura de relatos premiados. 

                    



Para conmemorar o 25 N dispúxose na Biblioteca unha exposición de libros relacionados coa temática na mesa expositora que temos na entrada da Biblioteca e coa colocación dos tradicionais símbolos.   


                                    

Como foi o Aniversario de Jane Austen, Enchemos a Biblioteca de siluetas da autora confeccionadas polo alumnado.   


Por Nadal decoramos cun Grinch grande e outros ornamentos a Biblioteca     


En Entroido “disfrazáronse” libros que foron expostos na Biblioteca. Todo o profesorado implicado disfrazou o seu e tamén axudaron ao alumnado a caracterizar algún libro.                                       



Tamén acondicionamos a Biblioteca para a actividade “Cartas no Lugrís” polo 14 de febrero cos carteis elaborados e co Buzón para depositalas.                                                      

No día de Rosalía dispúxose dun atril que se situou no centro, con cadeiras colocadas para o público que asistiu ao recital poético.   


                                                   

No 8 M enchemos non só a biblioteca senón tamén todos os corredores do instituto con frases plastificadas de mulleres ilustres de todos os tempos.                                                                                                                 




 Deseñando os carteis  Para o Día do libro e o certame de lectura expresiva de textos do Quijote volveuse a adecuar o espazo e preparouse unha exposición de libros variados. Tamén se expuxeron os libriños elaborados polo alumnado e coa colaboración da profesora de Plástica Ana Belén Burgos.                                                                     

Nas letras galegas, adicadas a Begoña Caamaño, de novo acondicionouse a Biblioteca para o certame de lectura.       

                                                       

 Graváronse Pódcast tras unas xornadas de formación impartidas por Matías Diéguez. O alumnado participou activamente. Hai mostras neste mesmo blog.                                        

O alumnado de Oratoria e de Literatura universal levou a cabo esta actividade  co apoio brindado polo profesor de tecnoloxía que nos formou e axudou para poder levala a cabo de xeito óptimo. As temáticas abordadas foron variadas e relacionadas coa literatura, a maior parte.    Organizáronse tamén concursos de lectura expresiva, recitacións. Concursos de relatos… 

Ao longo do curso houbo moitos concursos de lectura e de recitación, de microrrelatos, de elaboración de cartas. Todos eles coincidindo coas datas das conmemoracións: Día das Bibliotecas, 25N, 8M, Entroido, Samaín, Letras galegas e Día de Rosalía (lectura do manifesto de Eva Veiga) …    

 Tamén se crearon booktrailers, non coma concurso, quedará como obxectivo a acadar no curso próximo pero si aprenderon a facelos  e tamén hai algunha mostra no Blog do Instituto. Creáronse booktrailers de Novela de ajedrez de Stefan Zweig.

Destacaremos o feito con libros en miniatura elaborados polo alumnado da ESO e coa colaboración de Ana Belén Burgo, profesora de EPVA antes xa amecionado. Por outra banda fomos informando das novas literarias a través de varias canles: Blog, mail, pantalla, paneis informativos…   

Indicadores de logro:

 - Elaboraronse e difundironse as actividades realizadas: booktrailer, poscast, murais… O 100% das actividades contou con algún medio de difusión interno ou externo. 

- Realizáronse lecturas do Quijote en árabe e chinés polo Día do libro. 

- O alumnado participante estranxeiro nas actividades superou o 50 %. No concurso de lectura expresiva das letras galegas gañou o primeiro premio unha nena estranxeira. 

 - Non houbo incidencias no uso do material empregado para desenvolver as distintas actividades. Tampouco houbo incidencias nas exposicións nin nos murais. 

 - Publicáronse entradas no Blog con algunhas actividades. O 80% delas publicáronse na pantalla do recibidor do instituto. Participaron nas actividades o 50% do alumnado do institito de maneira directa ou indirecta. 

  - Incrementouse un 20% a participación nas actividades da Biblioteca con respecto a outros anos. 

COMPROMISOS 

Os compromisos asumidos polo profesorado no marco destre proxecto foron cumpridos de maneira satisfactoria. 

 - Impulsouse o desenvolvemento do proxecto promovendo a participación activa do alumnado nas distintas actividades e concursos programados. 

- Contribuiuse ao mantemento da orde e ao coidado do material empregado durante a realización de actividades. 

- Asistiuse ás tres reunións de coordinación e planificación previstas, colaborando no deseño e desnvolvemento das diferentes actuacións do proxecto.                   


Seguimos!!!  

Comentarios

Entradas populares de este blog

Festa fin de PROA

Preguntas para pensar, no segundo trimestre