Reunións dos Clubs de Lectura en febreiro
Rematamos febreiro cunha variedade de temas e libros tratados nos distintos Clubs de Lectura: o luns1 de febreiro, os alumnos/a de 1º de ESO seguiron coa lectura de Instrucións para tomar café.
O xoves 4, os alumnos/as de 4º de ESO comenzaron a lectura de Looking for Alaska, de John Green. Unha historia de adolescentes que se convertiu nun dos libros favoritos dos lectores destas idades en países de fala inglesa.
E xa comenzamos o 1 de marzo coa primeira reunión do mes, esta vez de 3º de ESO, na que seguimos a ler Instrucións para tomar café. Continuaremos este mes con todos os libros mencionados e as actividades que temos previstas, sempre e cando as circunstancias actuais nolo permitan.
Comentarios
Publicar un comentario