Carlos Negro entre nós

Este pasado martes 20 de novembro estivo con nós o escritor Carlos Negro , recitando poesía dos seus libros Penúltimas tendencias e Makinaria . Resultou moi pracenteiro gozar deste encontro ameno, entrañable e divertido, no que o poeta amosou a súa destreza para manexar todo tipo de públicos e no que sorprendeu e descubríu novas formas de vivenciar a poesía a máis de un e de unha. Por outra banda, este encontro foi o punto culminante deste primeiro trimestre para o Club de lectura de igualdade (CL3), no que nos detivemos polo miúdo no s mencionados libros, que nos axudaron a reflexionar sobre a forma de rachar con estereotipos de xénero de cara á construción dunha sociedade máis igualitaria. Quedan aquí fotos e un vídeo cun acelerado recitado a modo de gratas lembranzas ;) Laura e Carmen realizaron a presentación de Carlos Negro Carlos Negro recibiu a finais do curso pasado o premio dos Clubs de...