Concurso polo Día das mulleres

Para conmemorar o Día Internacional da muller, o próximo 8 de marzo, desde a Biblioteca convocamos un Concurso de Letras-pistas. As pistas quedan aquí a continuación e tamén están dispoñibles no apartado de Actividades no curso de Biblioteca da Aula Virtual do centro . As bases xerais son as seguintes e están máis especificadas nos arquivos de cada un dos niveis. Trátase de explorar e descubrir algo relacionado con mulleres interesantes, seguindo as pistas que aquí vos ofrecemos. BASES: - As respostas deberán ser enviadas ao enderezo de correo da biblioteca: lerunmardecontos@gmail.com - No correo deberá constar: - O nome do/a alumno/a e o seu curso e grupo. - A resposta solicitada. - O prazo é ata o día 8 de marzo ás 12 da noite. PREMIOS: - Unha película en formato DVD ou Blue Ray da elección do/...