Paxariñas pola paz

Para conmemorar o Día internacional da paz e a non violencia , o próximo martes 30 de xaneiro propoñemos elaborar paxariñas e outras figuras en papel no recreo e nas clases. Practicar origami (elaborar figuras en papel) require concentración, relaxación, habilidades e práctica… Invítanos á serenidade e á paz… Nas paxariñas de cores poderemos escribir poemas e frases que teñan que ver coa paz Trae pensada o teu lema e nós ensinámosche a facer a paxariña Logo colocarémolas todas xuntas facendo un decorado… Queremos relacionar esta actividade coa LENDA DAS MIL GRÚAS DE PAPEL e a HISTORIA DE SADAKO SASAKI Segundo unha lenda xaponesa, o teu maior desexo farase realidade se constrúes mil grúas de papel. A consigna de crear grúas de papel na loita pola paz, remóntase á historia dunha das pequenas vítimas da bomba de Hiroshima durante a Segunda Guerra Mundial. Sadako Sasaki tiña dous anos cando caeu a bomba en Hiroshima, cidade na que vivía. De...