Derrubando muros con pintura en Carballo

Case todo 3º ESO co mural Carapuchiña feroz, de Susana Llorente e Carlos Fernández Este pasado xoves 27 de abril devolvimos a visita ao IES Parga Pondal de Carballo (logo de que eles viñeran o 9 de marzo). Fixéronnos unha magnífica recepción cun chocolate e roscón, co que collimos forzas para percorrer a vila admirando os grandiosos murais que decoran os lugares máis variopintos. Dúas guías amosáronnos unha gran parte da iniciativa " Derrubando muros con pintura ", un conxunto de murais de arte urbana que nos deixaron abraiados. A visita concluíu cun percorrido pola Biblioteca Rego da Balsa . O mural de Dulk , o primeiro que vimos, no Fórum Quedamos con ganas de volver por máis... Mural de Aryz Mural tridimensional do portugués Bordalo II Á entrada da Biblioteca Empezando a mesturarse... Mural de Paula Fraile O mural de Sokram , no Pazo da Cultura 1º Bach e outros, tamén con Carapuchiña feroz Moitas grazas...