11 abr. 2015

Concurso de haikús


Para celebrar o día do libro, o próximo 23 de abril, o Dpto. de LINGUA CASTELÁ E LITERATURA xunto coa BIBLIOTECA convoca o seu I Concurso de Haikú para motivar a creación poética no alumnado.

Aquí quédanvos as bases: 

PARTIPANTES
Todo o alumnado matriculado no Centro.

TEMA E IDIOMA
O libro e a lectura. 
Valorarase o respecto do canon métrico do haikú clásico.
Pode redactarse en castelán ou en galego.

MODO DE ENTREGA
Os participantes deberán entregar a calquera membro do departamento ou da biblioteca do centro un haikú inédito. Para iso, completarán nun sobre pequeño os seus datos personais e adxuntarano co haikú nun sobre máis grande co correspondente seudónimo.

PRAZO
O prazo para participar comenzará o 10 de abril e finalizará o luns 20 de abril no recreo.

FALLO DO CONCURSO
O fallo levarase a cabo o xoves 23 DE ABRIL na Biblioteca do centro durante o recreo. Farase público a través do Club de Lectura e o facebook da Biblioteca.

PREMIOS
Estableceranse 3 premios, tendo en conta o nivel dos presentados.

Os autores dos haikús ganadores recibirán un diploma e un vale canxeable en material escolar. Todos os poemas seleccionados serán publicados no blog do Club de lectura do centro.
----

Por se non sabes o que son os haikús, contámosche: 


O haikú é unha composición poética íntima pertencente á cultura tradicional xaponesa. Está formada por 17 sílabas distribuidas en 3 versos
(5-7-5 sílabas respectivamente), sen rima nin título.

Está inspirado na natureza, aínda que hoxe en día existen licencias tanto nos temas como na técnica. Ao que escribe haikus, chámaselle "Haijin". A haiga é o nome que se lle dá á pintura que algúns poetas utilizaban para acompañar os seus haikus. Este xénero literario apareceu por primeira vez en Xapón no século XIV, pero foi no século XVI cando apareceu formalmente coa obra do xaponés Matsuo Bashō.

O haikú non pretende ser unha ensinanza. É a simple expresión dunha vivencia, a vivencia do instante. Pura e simplísima descripción de algo que ocorre. É un poema que ensina sen pretendelo. Expresa algo cotiá pero a súa grandeza está no feito de que o poeta se fixe nun detalle insignificante que nos leva a entender a inmensa extrañeza do usual.

Como é un poema conciso, débese respectar a simplicidade, evitar adornos, captar un instante ou un momento transitorio e evitar o razoamento. Ao ser tan breve, os verbos sobran, porque o que captamos é unha image inmóbil, unha instantánea, como o obxectivo dunha cámara de fotos. Deben usarse palabras de uso cotiá e de fácil comprensión, a adxectivación ha de ser escasa ou inexistente e todo o poema ten un carácter predominantemente nominal.
O haikú en Occidente vese influenciado pola métrica e a metáfora. En Hispanoamérica e España contamos con representantes do xénero como Octavio Paz, Jorge Luis Borges, Mario Benedetti, Guillermo de Torre, Antonio Machado e Juan Ramón Jiménez.

Haikús de Matsuo Bashô

Tu enciendes el fuego,
te mostrare algo lindo
¡Una gran bola de nieve!

Sobre la rama seca
un cuervo se ha posado;
tarde de otoño.

La primavera pasa;
lloran las aves
y son lágrimas los ojos de los peces.


Anímate a compoñer algún!!

No hay comentarios:

Publicar un comentario