En Guitiriz, tras os versos de Díaz Castro

O pasado mércores, 19 de febreiro, coincidindo co centenario do nacemento do poeta Xosé Díaz Castro , os rapaces e rapazas do Club de lectura e Normalización Lingüística desprazámonos ao IES de Guitiriz que ten por nome o do poeta para compartir con todo o seu alumnado os actos de celebración dese feliz aniversario. Despois de ver o documental elaborado por eles, A lus do mundo , houbo preguntas, poemas , representacións e música... e nós participamos ... e ata cantamos. Esperamos a que nos devolvan a visita... Saberemos estar á altura. E de poeta en poetisa, desde a biblioteca, unímonos á celebración do día de Rosalía , con carteis, música e, sobre todo, POESÍA.