Lendo...

Durante esta semana, do 22 ao 26 de abril, desde a biblioteca dedicámonos a festexar o día do libro ... fixémolo lembrando a orixe deste día , dedicado a conmemorar a "cuase" coincidencia da morte de varios grandes da literatura en 1616: Cervantes , Shakespeare e o inca Garcilaso de la Vega . Neste tempo poidemos disfutar no insti de variadas coleccións de ilustracións e imaxes do Quijote, cedidas todas elas pola bibliotecalandra do IES Parga Pondal, e podedes ver moitas máis exposicións sobre iconografía do Quijote na web. A nosa principal actividade foi a lectura dalgunhas aventuras do Quijote o martes na biblioteca, mentres escoitabamos música barroca. Fican aquí fotos para a lembranza; hai máis no ordenador da biblio... Al gúns, ademais, foron á busca de refráns de Sancho Panza por todo o centro e... atopáronos. Estes, en lugar dunha rosa xunto ao libro como fan en Cataluña para ce...