Martes de cine con Mortadelo e Filemón

Lémbrovos que este martes, 26 de febreiro, quedamos a xantar na biblioteca mentres visionamos "La gran aventura de Mortadelo y Filemón". Coa desculpa de que no club de lectura (2) estamos a centrarnos nas bandas deseñadas, a película deste martes rende homenaxe a un dos autores máis importantes do cómic (ou tebeo, como diciamos antes) español, a Francisco Ibáñez . Trátase dun autor gráfico que malia levar moitos anos traballando segue creando historietas de actualidade e creando personaxes que nos quedan moi perto, como Rojoy e Rubacalva . Francisco Ibáñez , ademais de ser o creador de Mortadelo e Filemón, tamén o é de tiras cómicas como 13 Rue del percebe , Rompetechos, el botones Sacarino, Pepe Gotera y Otilio , etc. Espero que todas e todos gocémolo moito! Ah! Nun ámbito ben diferente, pero non menos importante, que non se nos esqueza que, hoxe 24 de febreiro, celébrase o día de Rosalía de Castro, coincidindo co 175 aniversario da seu nacemento (o...