
NOVAS REUNIÓNS DOS CLUBS DE LECTURA: LORETO SESMA E SHEL SILVERSTEIN O xoves 21 de novembro tivemos no recreo a reunión do Club de Lectura CL3. Falamos sobre a poesía de autores novos e , en concreto, sobre Loreto Sesma, unha autora que se deu a coñecer polas redes sociais. Tivemos a oportunidade de ler e comentar algunas das súas poesías e publicacións en instagram, así coma unha carta a outro novo autor, Defreds. Tamén aproveitamos que o luns 25 se celebra a conmemoración do Día Internacional da Eliminación daViolenza contra as Mulleres para ler algún dos poemas de Loreto Sesma máis reivindicativos. Ademáis, o venres 22 tivo lugar a segunda reunión do CL3, Reading Club, sobre o autor Shel Silverstein. Seguimos a ler os seus poemas cheos de humor e ironía, con moi boa aceptación por parte dos rapaces e rapazas asistentes, e coa ventaxa engadida de pasar un rato divertido falando en inglés coa nosa auxiliar de linguas Rachel. ...