Concurso de letras e carátulas de Bob Dylan

Para celebrar o premio Nóbel de Literatura concedido este ano a Bob Dylan a Biblioteca e varios departamentos (Lingua española, Lingua galega, Inglés, Música, Plástica, Filosofía) convocamos un concurso consistente en elixir unha canción , localizar a letra e traducila ao galego e/ou no deseño e realización dunha posible carátula de disco referida ao tema elixido. BASES DO CONCURSO: Seleccionarase unha canción de Bob Dylan, traducirase a letra ao galego. E relacionando coa temática da letra, realizarase unha carátula ou portada do suposto disco da canción elixida. Presentarase nunha cartolina preferiblemente de tamaño A4, co debuxo por un lado e a letra por detrás. Na biblioteca ofrecerase para quen o queira algún material para a realización da carátula (cartolina, papel de cores, tixeiras...) e o profesorado dos departamentos colaboradores ofrecerá asesoramento a quen así o desexe. O prazo de entrega remata o venres 11 de novembro . As carátulas...