Con Lucía Aldao e María Lado, no Elviña

O pasado xoves 26 vivimos unha grata experiencia poética -e humorística- da man das poetas María Lado e Lucía Aldao . Foi no IES de Elviña , onde xa imos sendo "antigos" coñecidos grazas a que a coordinadora do sue club de lectura, Puri, sempre se lembra de nós. Alí, estas poetas combinaron seriedade e intensidade literaria cun fino humor moi didáctico e ameno. Aprendimos a colocar o pronome átono en galego mentres escoitabamos cantar o coñecido tema de Rocío Jurado "Te amo" (mellor dito, Ámote), compuxemos conxuntamente un poema dadaísta bastante simpático, cantamos un pouquiniño coa axuda dun "karaoke analóxico", agasalláronnos cun poema para pedir perdón, co maduro título de "Cuqui" e soltamos unhas cantas gargalladas analizando sentenzas urbanas en forma de grafitis máis ou menos elaborados, como "Alex estubo (sic) aquí", "Clemente drogadito (sic)", "Aquí te puse los cuernos" e mesmo máis ideolóxicos ...