Cartas a Lugrís, con premio

O xurado vén de decidir as epístolas premiadas no Concurso de  Carta a...  Urbano Lugrís.
A participación non foi moi ampla, polo que os premios finalmente outorgados son dous: 

   1º premio: Alba Vázquez Botana -Bolboreta- , de 1º ESO A
   2º premio: Morelys De los Santos, de 1º ESO C

E aquí tedes as súas cartas: 



A Coruña, 15 de maio de 2015
Querido Urbano: 
Son unha rapaza, gran seguidora das súas obras. Vivo na Coruña, a cidade onde naceu vostede.
Estudo no instituto que leva o seu nome, Urbano Lugrís. No instituto hai moitos cadros seus, e agora mesmo estamos a facer un obradoiro sobre a súa vida.
É verdade que o seu pai foi un dos fundadores da Real Academia Galega?
Eu quero facer teatro, posiblemente vaia a Madrid, como fixo vostede.
Xa me enterei de que cando estudou nesa cidade coñeceu a grandes poetas: Rafael Dieste, Federico García Lorca, Rafael Alberti.
É verdade que te un fillo que se chama como vostede e ademais é pintor?
De vez en cando achégome á Fundación Caixa Galicia, para ver as súas obras. Gústanme moito, pois moitos cadros tratan de mitos e lendas relacionadas co mar. O cadro que máis me gustou foi ao da Serea alada

Dixéronme que pasou unha época un pouco complicada economicamente, e cando ía aos bares, regalaba cadros seus a cambio de comida e bebida.
Pareceume moi sorprendente que durante unha etapa da súa vida fose o pintor de Franco.

Bueno, eu xa me despido, reciba saúdos desta rapaza da Coruña, á que lle gustaría coñecelo persoalmente algún día, 


Bolboreta



 17/05/2015

Querido Lugrís...
Nos teus cadros... deixáchenos a túa vida... a túa historia... os teus sonos...
Aqueles sonos que hoxe lle deron vida aos teus cadros... eses que para nós son palabras de alento... as que nos expresas mediante a túa pintura, os teus cadros, os teus pinceis... eses cacharros, vellos e desgastados, que para nós son reliquias...

Querido Lugrís...
Aínda que no noso corazón sintamos unha desquiciante pena, hoxe deixáchenos cousas que soamente ti sabes o por que e o para que...
Deixáchenos MARES de coñecemento, BARCOS que nos levan ao pasado e amósannos o futuro, SEREAS que nos cantan esperanzas, PEIXES das cores da liberdade... e SUBMARINISTAS con traxes de seguridade... pero sobre todo... ti ... deixáchenos a Lugrís...

Grazas Lugrís... Grazas... Non sabes o ben que fixo a túa presenza...

M.R.D.


Pálpase a pegada de Lugrís no centro... Que siga inspirándonos!!!


Comentarios

Entradas populares de este blog

Microrrelatos de terror... con algo de conto galego

CRISTINA GARCÍA RODERO, fotógrafa de la memoria, la emoción y la identidad