Entradas

Mostrando entradas de diciembre, 2020

Últimas reunións dos Clubs de Lectura en novembro

Imagen
 Os últimos días de novembro tivemos as seguintes reunións dos Clubs de Lectura: O xoves 19 celebramos a primeira reunión do Reading Club de 1º de ESO. Os alumnos/as leron poemas de Shel Silverstein e comentámolos coa imprescindible axuda da nosa auxiliar de lingua inglesa, Rachel Haring. Respectamos coma sempre as restricións en canto ao aforo e seguimos debidamente as novas normas motivadas polo covid-19: uso de mascarillas e xel hidroalcólico, desinfección dos postos de cada quen e distanciamento, utilizando só os sitios habilitados na biblioteca . O luns 23 tocaba reunión do Club de Lectura en lingua castelá para o alumnado de 1º de ESO. Con motivo do falecemento , o pasado 30 de setembro, de Quino, o autor das tiras cómicas de Mafalda, adicamos a sesión a dar a coñecer o seu traballo aos nosos alumnos/as. De feito, a maioría non coñecían os principais personaxes nin leran nunca un cómic de Mafalda. Puidemos amosarlles algúns exemplares de libros de Mafalda que temos na biblioteca