26 ene. 2018

Paxariñas pola paz

Para conmemorar o Día internacional da paz e a non violencia, o próximo martes 30 de xaneiro propoñemos elaborar paxariñas e outras figuras en papel  no recreo e nas clases.

Practicar origami (elaborar figuras en papel) require concentración, relaxación, habilidades e práctica…
Invítanos á serenidade e á paz…
Nas paxariñas de cores poderemos escribir poemas e frases que teñan que ver coa paz
Trae pensada o teu lema e nós ensinámosche a facer a paxariña

Logo colocarémolas todas xuntas facendo un decorado…



Queremos relacionar esta actividade coa LENDA DAS MIL GRÚAS DE PAPEL e a  HISTORIA  DE SADAKO SASAKI

Segundo unha lenda xaponesa, o teu maior desexo farase realidade se constrúes mil grúas de papel.

A consigna de crear grúas de papel na loita pola paz, remóntase á historia dunha das pequenas vítimas da bomba de Hiroshima durante a Segunda Guerra Mundial.
Sadako Sasaki tiña dous anos cando caeu a bomba en Hiroshima, cidade na que vivía. Dez  años máis tarde, cando tiña 12, como consecuencia da irradiación que lle produciu a bomba, diagnosticáronlle leucemia. Mentres estaba no hospital unha amiga contoulle a lenda 1.000  grúas de papel. Sadako desexou curarse da súa terrible enfermidade e para iso propúxose construír por si mesma 1.000 grúas de papel, aínda que non logrou conseguilo porque faleceu  antes de poder acabalas todas. Morreu en outubro de 1955 e só conseguira pregar 644 grúas de papel. Simbolicamente, as súas amizades continuaron a súa misión e completaron as mil grúas, coa esperanza de que se evitaran as guerras no futuro e se acadara a paz entre todos os países do mundo.

ANÍMASTE A FACER NOSA ESTA LENDA? Facémoslle unha ofrenda á paz?
Lograremos facer as 356 paxariñas que lle faltaron a Sadako?

Agardamos por ti o martes, 30 no recreo na entrada do instituto!!!


24 ene. 2018

Achégase o Torneo de xadrez!

Temos xa en marcha este curso unha nova edición do Torneo de xadrez!

A data límite de inscrición é o próximo martes 31 de xaneiro. Podes anotarte na Biblioteca.

O MÉRCORES 1 DE FEBREIRO, NA BIBLIOTECA, REALIZAREMOS UNHA REUNIÓN DE TODAS AS PERSOAS PARTICIPANTES PARA LEMBRAR AS NORMAS MÁIS IMPORTANTES E RESOLVER DÚBIDAS. 

Nesta ocasión faremos o torneo seguindo o sistema suizo  a 7 rondas. Isto quere decir que TODOS OS XOGADORES xogarán 7 partidas. As datas das 7 rondas serán os seguintes días:

- 1 RONDA: LUNS 5 febreiro
- 2 RONDA: XOVES 8 febreiro
- 3 RONDA: LUNS 19 febreiro
- 4 RONDA: XOVES 22 febreiro
- 5 RONDA: LUNS 26 febreiro
- 6 RONDA: XOVES 1 marzo
- 7 RONDA: LUNS 5 marzo


Unha vez rematadas as 7 rondas, os 4 mellores clasificados xogarán un playoff con semifinais e final, aínda sen data, pero previsiblemente á volta da Semana Santa. 

E para remate haberá unha festa na que xogaremos con xadrecistas doutros institutos.


E xa que estamos con deportes, recomendámosvos un interesante artigo no xornal El Mundo sobre mulleres no deporte: "La campaña de las deportistas españolas con el machismo: <<Ningún deporte es de hombres>>" A ver se tamén empezamos a notalo polo noso contorno...

Contamos con vós!!!

8 ene. 2018

Preguntas para pensar, no segundo trimestre



Comezamos o novo ano e, con el, o segundo trimestre con bo ánimo. 

Agora imos facer noso por completo o lema das Bibliotecas escolares deste curso, Un lugar para pensar, e imos facelo a través de preguntas, quizais o signo máis distintivo da filosofía e do pensamento. 

A modo de aperitivo, adiantamos que haberá cuestións como o por que da crueldade, que significa ser persoa, que implicacións ten a liberdade, existe unha única verdade... Moitas delas inspiradas na filosofía visual de wonderponder, na colección de Los pequeños platones e outra fontes que vos iremos indicando.

Deixámosvos aquí o calendario de reunións proposto. 

-----------------------------------------------------------------------

-----------------------------------------------------------------------------

----------------------------------------------------------------------------------



Atréveste ti tamén a preguntar? ;)