Entradas

Mostrando entradas de febrero, 2019

Lanzamos un CONCURSO DE VIDEOPOESÍA

Imagen
Para celebrar a inminente chegada da primavera, xunto co Día da Poesía propoñémosvos un concurso de VIDEOPOESÍA coas seguintes bases.  BASES : - O vídeopoema deberá indicar o título do poema e o nome do autor ou autora no que se inspirou. - O tema dos poemas utilizados ten que ter algunha coa NATUREZA EN SENTIDO AMPLO . - Pode presentarse en galego, castelán, inglés ou francés. - A súa extensión será como máximo de 3 minutos . - O tratamento estético e visual será libre. - O formato será preferentemente en MP4 ou compatible con este. - O vídeopoema ha de enviarse ao correo electrónico lerunmardecontos@b l ogspot.com indicando no asunto CONCURSO VIDEOPOESÍA. E no corpo da mensaxe debe ir o nome e curso. - Pode ser i ndividual ou por parellas . - Data de entrega límite: 19 de marzo ( sen aprazamento posible ). - O xoves 21 de marzo no recreo proxectaremos na Biblioteca os tres vídeopoemas finalistas e o público (60%) xunto cun xur

A nosa particular homenaxe a ROSALÍA

Imagen
No acto de inauguración  Hoxe luns celebramos o día de Rosalía -cun día de retraso- coas nosas mellores galas e da mellor maneira que se nos ocorreu, xuntándonos unha gran parte do alumnado e profesorado para lembrala.  A nosa homenaxe consistíu, fundamentalmente, en outorgarlle o primeiro lugar do proxecto de  AULAS EN FEMININO , que bota a andar hoxe con ela. Con este proxecto, promovido polo Equipo de Dinamización Lingüística en colaboración coa Biblioteca, pretendemos que cada aula do centro homenaxee e dea a coñecer a algunha destacable muller galega. Case todas as aulas de Ensino Medio teñen xa escollido polo alumnado correspondente o seu nome. 

A próxima semana coñeceremos aos campións de xadrez!!!

Imagen
Acabada a séptima ronda do torneo suízo de xadrez o pasado martes, xa temos os resultados e polo tanto xa sabemos quen son as catro persoas que xoguen a semifinal o próximo martes 26 no recreo.  Noraboa!!!

Sesión dobre con Antía Yáñez

Imagen
Hoxe estivo entre nós a escritora Antía Yáñez falando de dous dos seus libros, O misterio de Portomarín   e Senlleiras . De como foi o encontro relátannos dous participantes.  Alba Vázquez Botana  (1º Bach) fai de magnífica cronista da primeira charla, cos maiores: