Entradas

Mostrando entradas de mayo, 2019

Película Los Bando

Imagen
Deixamos aquí o resumo da película Los Bando , realizada por Carolina Roel (2º ESO). É unha das películas que o alumnado viu   no Festival de cine xuvenil europeo. Esta película foi creada en Noruega o 16 de febreiro de 2018. Os protagonistas principais da película son Aksel e Grim dous rapaces que logran entrar ao concurso de bandas de rock de todo o país, Grim e Aksel colocaron carteles por toda a cidade, demandando que necesitaban un bajo para a súa banda.

No Correlingua 2019: "O galego é a fórmula"

Imagen
Este pasado venres, día 3 de maio*, participamos no Correlingua 2019 que se organizou na nosa cidade. O Correlingua é un acto festivo é reivindicativo do uso e normalización do galego en todos os ámbitos. Esta é a 19 edición é levou por título “ O Galego é a Fórmula”. Quíxose destacar nesta edición a necesidade da revitalización e papel prioritario que hai que darlle ao Galego no eido científico e tecnolóxico.

Festival de cine xuvenil europeo: fomos xurado

Imagen
Cóntanos o profesor Roberto Varela Urrutia, o coordinador do Club de cinema: Este pasado domingo, día 5 de maio, participamos por primeira vez na Coruña na Young Audience Award . Este certame, organizado pola Academia Galega do Audiovisual coa colaboración do Concello de A Coruña, consiste na elección da mellor película europea para o público xuvenil. Participaron neste evento 4000 mozos e mozas, entre 12 e 14 anos, de 45 cidades de 35 países. En España desenvolveuse nas cidades de A Coruña, Sevilla, Madrid e Barcelona. O evento tivo lugar nos cines dos Cantóns onde se proxectaron as tres mellores películas xuvenís do 2019.

Concurso de cartas a... ANTONIO FRAGUAS

Imagen
Para celebrar o próximo Día das Letras Galegas , o Departamento de Dinamización Lingüística e o de Lingua e literatura galega xunto coa Biblioteca convocan o seu V Concurso de CARTAS A...  ANTONIO FRAGUAS co obxectivo de fomentar o aprecio e o coñecemento dest e escritor. Aquí tedes as BASES:

Viaxe cultural a ASTURIAS

Imagen
Vimos de realizar, do 28 ao 30 de abril, a nosa xa case tradicional viaxe cultural do Club de lectura. Desta volta, a Asturias .  Como estaba programado, vintecinco persoas dos tres grupos do Club de lectura, desde 1º ESO ata 1º Bacharelato, e tres profes, poidemos gozar da grata experiencia de tres intensos días por terras asturianas -Cudillero, Avilés, Oviedo, Senda do Oso e Xixón- e norte galego (Ribadeo, Illa Pancha e praia das Catedrais).  Foron días intensos, cheos de emocións e vivencias únicas, cun comportamento e respecto exemplares, moitas risas e aprendizaxes teóricas e, sobre todo, vitais. Deixamos a continuación algunhas fotos, aínda que a parte gráfica elaborada e detallada, chegará co vídeo que se está a realizar.