Entradas

Mostrando entradas de marzo, 2014

Charla con Carme Adán

Imagen
Onte venres, 28 de marzo, estivo con nós (con 1º e 2º de Bacharelato) a parlamentaria Carme Adán . Charlamos distendidamente con ela sobre política, mecanismos de representación, mulleres, desigualdade e a situación actual de Galicia. Houbo interesantes preguntas e momentos de debate. 

"Nos dimos un verso...

Imagen
... y nos metimos en un grave poema".  Velaquí como quixemos entrar na primavera, celebrando o día da poesía.  Co pulo da profe Margarita Azevedo, enchimos de poemas -graves e menos graves- os camiños que levan á Biblioteca, para que c adaquén arranque os mellores versos dunha ampla selección de poemas.  Que o gocedes! Na escolma temos versos de: Luis Cernuda, Pablo Neruda, Gabriela Mitral, Petrarca, Safo, Jorge Luis Borges, Xela Arias, Txus García, Celso Álvarez Cáccamo, Manuel Rivas, Celso Emilio Ferreiro, Siracusa Bravo, Carlos Edmundo de Ory, Gloria Fuertes, Emily Dickinson, Nicanor Parra, Alfonsina Storni, Lope de Vega, Avilés de Tarmancos, Rubén Darío, Fran Alonso, Manuel María, Joaquín Sabina, Santa Teresa, Raúl Vacas, Alejandra Pizarnik, Mario Bedetti, Walt Whitman, W.E. Henley, José Hierro, Tim Burton (expostos sen orde nin concerto...). Lembrade que temos reunión do Club de lectura o martes, 25 de marzo, no recreo (falaremos, entre outros, da preparació

VISITA AO CASTRO DE ELVIÑA

Imagen
O pasado martes 11 de marzo, o alumnado de 1º Bac e dous profes visitamos o castro de Elviña .  Así cóntanos como foi a saída María González Suárez:  A visita ao Castro de Elviña achegounos un pouco máis ao pasado da nosa cidade, á nosa historia. O castro era un antigo poboado no que se cre que vivían os Celtas ou os Castrexos durante a Idade de Ferro e a época romana.  Os seus poboadores previamente exploraran o terreo para colocar o asentamento nun lugar protexido de ataques e elixiron ese por ser un lugar elevado e preto dun barranco, inaccesible para os inimigos. O pobo estaba protexido por tres murallas, unha máis débil que as outras, que rodeaba o punto máis alto, a croa, onde estaban as casas e demais construcións; as outras dúas eran máis fortes e ben feitas.  Tiñan edificios que usaban como lugares de encontro e tiñan inscritos na porta símbolos fálicos como sinal de protección.  tiñan fornos de ferro e fabricaban armas con este material, ademais cultivaba

Falemos das mulleres

Imagen
Como cómpre no día internacional das mulleres, esta semana falaremos de mulleres. Este ano aproveitamos un material producido pola Casa de Emilia Pardo Bazán e xa está nos paneis da entrada unha exposición titulada FALEMOS DAS NOSAS ESCRITORAS completada con outra sobre MULLERES CON PRESENZA NA CORUÑA. As escritoras das que falamos son:   Safo de Lesbos, Murasaki Shikibu, Hildegard von Bingen, Santa Teresa de Jesús, Mary Wollstonecraft, Mary Shelley, Emily Dickinson Rosalía de Castro, Sofía Casanova, Virginia Woolf, Victoria Ocampo, Sylvia Plath, Begoña Caamaño, Marta Dacosta, Teresa Moure, Clara Campoamor, María Reimóndez, Rosa Aneiros, María Lado E as mulleres con presenza na Coruña nas que nos detemos son:  “ Juana de Vega ” (A Coruña, 1805 – A Coruña, 1872) “ Concepción Arenal ” (Ferrol, 1820 - Vigo, 1893) “ Rosalía de Castro ” (Santiago de Compostela, 1837 - Padrón, 1885) “ Sofía Casanova ” (A Coruña, 1862 – Polonia, 1958) “ Francisca