Entradas

Mostrando entradas de octubre, 2019

PRESENTACIÓN CLUB DE LECTURA 19-20

Imagen
O pasado 17 de outubro presentamos o Club de Lectura para este curso 19-20. Este ano temos catro Clubs xa que moitos alumnos se apuntaron á actividade: CL1: Club de Lectura en Galego e Castelán para alumnos/as de 1º e 2º de ESO. CL2: Club de Lectura en Galego e Castelán para 3º e 4º de ESO e Bacharelato. CL3: Reading Club para 1º e 2º de ESO. CL4: Reading Club para 3º e 4º de ESO e Bacharelato. As reunións terán lugar na biblioteca, nos recreos dos xoves para os Clubs en Galego e Castelán e nos recreos dos venres para os Clubs en Inglés. Temos os calendarios no taboleiro da entrada da biblioteca. Temos a sorte de contar coa colaboración de África, Francisca e Rachel, ademáis de outros profesores/as que participarán nas reunións. Aínda estades a tempo de tomar parte nesta aventura! Só tedes que pasar pola biblioteca e probar.