Entradas

Mostrando entradas de febrero, 2014

En Guitiriz, tras os versos de Díaz Castro

Imagen
O pasado mércores, 19 de febreiro, coincidindo co centenario do nacemento do poeta Xosé Díaz Castro , os rapaces e rapazas do Club de lectura e Normalización Lingüística desprazámonos ao IES de Guitiriz que ten por nome o do poeta para compartir con todo o seu alumnado os actos de celebración dese feliz aniversario. Despois de ver o documental elaborado por eles, A lus do mundo , houbo preguntas, poemas , representacións e música... e nós participamos ... e ata cantamos. Esperamos a que nos devolvan a visita... Saberemos estar á altura. E de poeta en poetisa, desde a biblioteca, unímonos á celebración do día de  Rosalía , con carteis, música e, sobre todo, POESÍA.

GAÑADORES DO XADREZ NO LUGRÍS

Imagen
Nos fríos corredores de Ciclos, desenvolveuse o anunciado Torneo de Xadrez no Lugrís, con gran afluencia e cálida afección. Ao longo de cinco rondas participaron 20 xogadores e xogadoras, durante case tres semanas. As oito mesas, con outros tantos taboleiros e parellas de xogadores, estiveron cheas nos recreos de todo este tempo (do 4 ao 18 de febreiro)... e finalmente temos aos gañadores: Aquí temos a Roque atrevéndose a xogar co profesor Vicente O vencedor é ROQUE COUCEIRO SALIDO , de 2º ESO A   E séguenlle logo: Andrés Martínez Mondelo, Samuel Naveira Guimarey, Gonzalo Vázquez Sánchez e Carlos Vélez Redondo. Podedes consultar os resultados finais completos ou por rondas na web http://xadrez.hol.es/ Os premios entregaranse na festa do fin de curso.   Noraboa, Roque!!!   Agora continuamos xogando nas mesas brancas da biblioteca... ata o próximo torneo.  

Expresamos sentimentos

Imagen
Cinxíndonos á tradicional (e para nós, non comercial) celebración do 14 F , o pasado venres enchemos a biblioteca de corazóns nos que expresamos con arte o amor e tamén a amizade por compañeiras, compañeiros... e mesmo profes. No recreo houbo tanta xente curiosa mirando as tarxetas, alegrándose e decepcionándose ao verse ou non alí, tanta risa, tanto cotilleo... que nos despistamos e esquecemos sacar fotos... ... fixémolo máis tarde, xa con menos xente arredor. Haberá que esperar uns días para que se decida cales foron as máis orixinais (que terán uns pequenos agasallo a fin de curso). Grazas por EXPRES- ARTE !!  

EXPRESarte

Imagen
EXPRES ARTE Grazas ao pulo e traballo da profe Margarita Azevedo e de bastantes voluntarios e voluntarias que colaboraron con ela, estamos xa poñéndonos a enviar mensaxes de amor e amizade. Como se indica nas bases do concurso, na biblioteca ofrecémosvos unha coidadas  tarxetas-corazón nas que  escribir artísticas MENSAXES DE AMOR ou AMIZADE dirixidas a quen se considere merecedor/a de tal honra.  Por un lado poñerase o nome da persoa destinataria e o curso, ademais do remitente (pode ser, con pseudónimo), e polo outro escribirase a mensaxe amorosa. Ha de procurarse que a mensaxe sexa orixinal, bela, con claridade literaria e, por suposto, profundidade sentimental.  Cando a tarxeta estea lista, depositarase na caixa que para tal fin se atopa na biblioteca. A data límite de entrega é o mércores 12 de febreiro . O venres 14 de febreiro expoñeranse todas as tarxetas co lado do nome de fronte para que as persoas destinatarias podan lelas. E días despois expoñeranse xa

Primeira ronda de xadrez

Imagen
O lunes, 3 de febrero, imos comezar, no corredor do punto de lectura de Ciclos, a primeira ronda do noso Torneo de xadrez, que se organiza seguindo o sistema suízo . Xogaranse cinco rondas ao longo de tres semanas (luns, martes, mércores e xoves), con oito partidas simultáneas.. Cada persona xogará dúas veces por semana e ha de estar atenta a cando e con quen lle toca xogar. As listaxes estarán expostas no lugar do torneo e tamén na internet ( http://xadrez.hol.es ). As partidas terán unha duración (medida con temporizador) de vinte minutos, dez para cada persoa xogadora. Quen gañe obterá 1 punto, se se empata 1/2 pto para cada xogador, e se se perde 0 puntos. O luns, 3 de febreiro xogan:  1 NAVEIRA GUIMAREY, SAMUEL ABANQUEIRO AGRELO, DIEGO 2 AÑÓN VARELA, JONATHAN PARRASEGADE, ARTURO 3 PONTE FERNÁNDEZ, RUBÉN BARROS BÓLICO, ANDREA 4 BAR

Comezamos cos BOOKTRAILERS

Imagen
Grazas a que nos concederon o contrato-programa que solicitara o Instituto, puidemos comezar a aprender como facer booktrailers (avances de libros). O pasado mércores 29, Cristina De la Torre, ilustrounos con gran información sobre os diversos modos en que se pode invitar á xente a ler un libro ou/e ver unha película. Os moi numerosos e variados participantes q uedámonos coa idea de que o importante é ter unha historia que contar e á que invitar... e de que debemos darlle ilimitado uso á nosa imaxinación.  A partir de agora, imos dividirnos en grupos para traballar con historias concretas (de teatro, de contos, de intriga, en francés, en galego...) e... ao final de curso veremos os prometedores resultados.  Para quen participa, lembrade que temos un lugar en google drive (ligado ao correo do Club de lectura. lerunmardecontos@gmail.com), onde está toda a información sobre os obradoiros, o calendario de encontros, o equipo técnico etc. Para acceder, tedes que preguntar polo contr