4 mar. 2020

CLUB DE LECTURA CL1: SEGUNDA SESIÓN SOBRE MEMORIA DO SILENCIO

O venres 28 de febreiro celebramos a segunda reunión con África sobre o libro Memoria do silencio de Eva Mejuto.
África contóunos a historia das irmás Touza, amosounos un mapa coa ruta da fuga dende Galicia a Portugal que conta o libro e fixemos a lectura de varios capítulos do libro.
Ademáis, puidemos probar os melindres, un doce que se vendía no quiosco que tiñan as irmás
e dende onde axudaban a cruzar a Portugal a persoas fuxidas do nazismo.
O grupo do club de lectura aprobóu a proposta de nomear unha das aulas do instituto coma Aula Irmás Touza