Entradas

Mostrando las entradas etiquetadas como Leolab

LEO-LAB (Memoria do curso 25-26)

Imagen
Nos inicios dun novo curso, lembramos o que fixemos o pasado (o 2025-26) no marco do programa de innovación LEO-LAB:  Creouse un equipo integrado polos membros da Biblioteca coa colaboración dalgún outro profesor/a en momentos puntuais.  Ao longo do curso, foise adaptando o espazo ás actividades levadas a cabo tratando de convertilo nun elemento máis a ter en conta no desenvolvemento da actividades. Moitos alumnos/as contribuíron nesta tarefa.  O profesorado implicado foi todo o grupo ao longo de todo o curso:  Montse Miranda, África López, Rocío Castiñeira, José Carlos Aller, Ana Belén Burgos, Marta Armesto, M ª José Trinquete, Beatriz López, Narciso Otero, Beatriz Requejo, Marta Macía, Alfonso Iglesias e Isabel Dobaño.  Algunhas das actividades:

Booktrailers/ LEOLAB Curso 2025/26

Imagen
Booktrailers  1º de BACH A continuación amosamos unha pequena mostra do traballo de elaboración de bootrailers feito polo alumnado de 1º de Bacharelato de Literatura universal. https://drive.google.com/file/d/1KpSDZjt9txQwCznKp1hogMIXxT3fVJml/view?usp=sharing Nekane Seoane 

Pódcast literarios de 4º ESO

Imagen
Publicamos a continuación os magníficos pódcast literarios realizados por alumnado de Oratoria de 4º ESO, no marco do programa Leolab:   - Mentiras de madera , sobre "Pinocho", realizado por Lara Montero, Carlota Bravo e Zoe Navarro. - Alicia en el Urbano, sobre "Alicia no país das marabillas", realizado por Sandra Suárez, Uxía Pérez e Carlota Bahamonde.  - Rincón de los libros , sobre a "Divina comedia", "O retrato de Dorian Gray" e "O principiño", realizado por Ainara Da Silva, Iguer Yero e Sophia Rudenko.  - Warren , sobre Ed e Lorraine Warren, investigadores de fenómenos paranormais, realizado por Elaine Buelga e Fernanda Noreña.  - Culpa mía ,  sobre a película e libro do mesmo título, realizado por Gabriela Báez e Carlota Abel.  E para finalizar un sobre xogos, o Monopoly , realizado por Alejandro Doldán, Ronney Mata, Jairo Atencio e Junior Carlos Porras.  Animádevos a escoitar!!!