Entradas

Mostrando entradas de 2021

Excursión de fin de curso dos Clubs de Lectura

Imagen
 Para despedir o curso 20-21, os Clubs de lectura fixemos unha saída a Santiago de Compostela. O luns 21 de xuño desprazámonos un grupo de alumnos e alumnas de 1º, 3º e 4º de ESO xunto con tres profesoras a Santiago. Alí fixemos unha visita literaria e histórica guiada, con lectura de poemas e fragmentos de obras de autores relacionados coa cidade e a súa cultura. Deixámosvos unha pequena mostra do que vimos na cidade e do que nos falou a nosa guía : O Obradoiro, a Catedral,  o Hostal dos Reis Católicos, a Praza da Quintana, Xelmírez, o mercado de abastos, o mosteiro e a igrexa de San Martiño Pinario, Fonseca, a Facultade de Xeografía e Historia e a de Filosofía, a Casa das Crechas, a praza de Cervantes e o Preguntoiro. Rematamos a visita guiada na Alameda arredor da unha e media e , tralo xantar, entramos na Catedral pola Porta Santa ao ser Ano Xacobeo. Logo da visita á Catedral, voltamos a Coruña. E así despedimos este curso 2.020-2.021. Voltaremos en setembro coas mesmas ganas e esp

Entrega de premios do Concurso de Microrrelatos

Imagen
 O xoves 17 de xuño fixemos entrega dos premios do Concurso de Microrrelatos convocado polo Club de Lectura. Temos que destacar o alto nivel dos microrrelatos presentados a concurso e a dificultade da elección dos premiados/as. Por este motivo, o xurado decidiu otorgar, ademáis dos tres premios, tres mencións adicionais. O primeiro premio foi concedido a Jamile Monique Vieira de Araujo, de 1º de Bacharelato, polo relato Intuición . O segundo premio foi concedido a Luis González, de 1º de Bacharelato, polo relato La nueva era. O terceiro premio foi para Romina Ocampo Cáceres , de 4º de ESO B, por un relato sen título. As mencións foron para Dalila Barrera Pérez, de 1º BAC, por Metamorfosis,   Valeria Fernández Rodríguez, de 3º de ESO B, por El médico e Iván Bravo Bello, de 1º BAC, por Sueños eólicos . Parabéns para todos e esperamos que o curso próximo continúen escribindo!

Obradoiro de Haikus no Club de Lectura, por Francisca García Jáñez. 24 e 31 de maio de 2.021

Imagen
  CAPTANDO EL INSTANTE Estas últimas semanas he tenido el placer de impartir al alumnado del Club de Lectura de 3º y 4º ESO un Taller de Haikus en dos sesiones. La primera la dedicamos a introducirnos en el haiku tradicional. El club aprendió que para poder llegar a la magia de esta composición japonesa es necesario captar el instante efímero. Es la manera de entender el "aware", es decir, a la emoción profunda que nos provoca la percepción de la naturaleza. Leímos poemas de los y las grandes haijines del país nipón: Bashô, Buson, Onitsura, Issa, Santôka, Sonojo, Shishiki, Chiyo.. Y nos adentramos de lleno en su técnica a través de la percepción de un sonido, de un color, de un olor, de un sabor de una sensación táctil o de una estación del año. Conectamos también con los poetas occidentales que crearon haikus, como Juan Ramón Jiménez, Antonio Machado, Jorge Luis Borges, Octavio Paz, Paul Éluard... Hubo reto, como siempre, y con premio. Esta vez la propuesta era crear 2 haiku

Entrega de premios de xadrez e de cinema pola igualdade

Imagen
Este pasado venres 28 de maio, ademais de inaugurar varias Aulas en feminino , no recreo entregáronse varios premios:  - PREMIOS CINEMA POLA IGUALDADE, organizado polo Club de cinema Atlántida, Dinamización Lingüística e o Equipo de Igualdade   Podedes ler os textos de  Diego Mella Luaces , de 1º STI B,   Adela Villar Uzquiano , de 2º Bach,   Diego Rosua López , de 4º ESO B,      Manuel Mariño Martínez , de 1º STI e    Carmen Tomé López , de 1º Bach,  en " Comentarios críticos de películas relacionadas coa igualdade de xénero "  

Concurso de microrrelatos 20/21

Imagen
                                                             Para ir rematando este curso tan atípico, o Club de lectura convoca o Concurso de microrrelatos 20/21  de tema libre. A continuación tedes as bases. BASES DO CONCURSO: 1. Os microrrelatos debes sen inéditos (non copiados). 2. A extensión máxima é de 125 palabras. 3. Os microrrelatos poden estar escritos en galego, castelán, inglés e francés. 4. O tema é libre. 5. Debedes procurar que non teñan faltas de ortografía. 6. O prazo de entrega remata o xoves 3 de xuño. 7. Os microrrelatos entréganse na biblioteca co voso nome, apelidos e curso. 8. O primeiro premio consistirá nun vale por 30 euros e o segundo e terceiro tendrán vales de 15 euros. Moito ánimo e a escribir!                                            

V Torneo de xadrez intercentros

Imagen
Este pasado venres 21de maio achegámonos ao IES Rafael Dieste para xogar un torneo de xadrez. Debido á situación pandémico trasladámonos con pouco alumnado, con aquel que foi máis regular no torneo de  de xadrez on line do centro. 

Clubs de lectura: xuntanzas dende febreiro a maio

Imagen
Seguen a reunirse os Clubs de lectura nos recreos dos luns e dos xoves. Nalgún caso tivemos que pospoñer a reunión porque os e as participantes tiñan exame, polo que reestruturamos o calendario. Aínda así, avanzamos coas lecturas. Os alumnos e alumnas máis novos seguen participando sempre. Aquí os temos en febreiro con Rachel, no Club de inglés, seguindo coa lectura de Wonder . Nos Clubs en lingua castelá estamos a ler Hozuki, la librería de Mitsuko. En inglés, seguimos con Looking for Alaska  en reunións con lectores/as de 3º de ESO: E con alumnos e alumnas de 4º de ESO: Mencionar tamén que no Club de lectura recibimos libros en inglés que están á disposición do alumnado e que xa están a levar a casa con moi boa aceptación xa que hai lecturas para todos os niveis.

Antía Yáñez fálanos de "Be water"

Imagen
  Cóntanos Jorge Gutiérrez Carrollo (3ºESO B): O pasado venres, 7 de maio, visitounos a escritora galega Antía Yáñez Rodríguez, para falar ao alumnado de 3º da ESO do seu último libro, Be Water , que previamente leramos neste curso.

Teatro on line por el día del libro

Imagen
TEATRO ONLINE con el actor argentino Ricardo Frazer Para conmemorar el DIA DEL LIBRO, el departamento de Lengua castellana y Literatura ha llevado a cabo con el alumnado de 3º ESO una actividad teatral relacionada con la obra universal de Cervantes.

Visita de Antón Riveiro Coello

Imagen
Fálanos Hugo Costoya, de 1º Bach, sobre a actividade organizado polo Departamento de Lingua e literatura galega:  " O pasado martes 20 de abril , o alumnado de primeiro e segundo de bacharelato tivemos o gusto de asistir a unha charla co escritor Antón Riveiro Coello  no pavillón do noso centro. O escritor limego, posuidor de distintos galardóns polas súas obras, contou ao alumnado e profesorado presentes un resumo   da súa historia tanto  persoal como  profesional . Comezou falando da súa vida como estudante, situándose na etapa dos mozos e mozas do Urbano Lugrís, pero non o fixo falando só dos estudos, senón que tamén falou do amor pasional propio da idade, amenizando así o seu monólogo e facendo rir ao alumnado con algunha que outra broma “tabú”.  

Reunións dos Clubs de Lectura en febreiro

Imagen
 Rematamos febreiro cunha variedade de temas e libros tratados nos distintos Clubs de Lectura: o luns1 de febreiro, os alumnos/a de 1º de ESO seguiron coa lectura de Instrucións para tomar café .  O xoves 4, os alumnos/as de 4º de ESO comenzaron a lectura de Looking for Alaska, de John Green. Unha historia de adolescentes que se convertiu nun dos libros favoritos dos lectores destas idades en países de fala inglesa. Continuamos coas lecturas en galego nos demais grupos de 1º de ESO e o xoves 25 tocaba o Reading Club no que empezamos a ler o libro Wonder de R. J Palacio. E xa comenzamos o 1 de marzo coa primeira reunión do mes, esta vez de 3º de ESO, na que seguimos a ler Instrucións para tomar café.  Continuaremos este mes con todos os libros mencionados e as actividades que temos previstas, sempre e cando as circunstancias actuais nolo permitan.