17 dic. 2019

ÚLTIMAS SESIÓNS DOS CLUBS DE LECTURA DO 2.019 E PRÓXIMAS REUNIÓNS


Na última semana de novembro celebramos as derradeiras sesións dos Clubs de Lectura deste ano.
Rematamos co CL1,  no que os rapaces e rapazas de 1º e 2º de ESO puideron ler poemas de Loreto Sesma, unha carta dela a Defreds e posts en instagram con contido poético da autora.
Falamos dos seus poemas e da evolución de Sesma, así coma do feito de ter publicado primeiro nas redes sociais, dándose a coñecer deste xeito ao público.

Regresaremos en xaneiro con novas sesións dos Clubs de Lectura nos recreos:

O xoves 16 de xaneiro, o CL2 (Club de Lectura en Lingua Castelá e Galego para 3º e 4º de ESO, BAC e FP) participará  nun obradoiro de Haikus a cargo de Francisca García.

O venres 17 de xaneiro, o CL3 (Reading Club para 1º e 2º de ESO) continuará a lectura de poemas de Shel Silverstein, coa colaboración de Rachel Haring.

Resultado de imagen de HAIKUS


Resultado de imagen de shel silverstein christmas








Moi boas vacacións a todos e a todas e que o regreso sexa cheo de ganas de seguir lendo!

                                                           FELIZ NADAL!