Entradas

Mostrando las entradas etiquetadas como reunión

As vacinas e os nenos da varíola

Imagen
O pasado xoves tivemos as últimas sesións do CL1 e CL2 deste trimestre. No CL1 tivemos a visita do profesor de Bioloxía  Xabier Caruncho que nos estivo a falar das  vacinas, dos contaxios, da varíola.

Calendario de reunións do trimestre

Imagen
Empezamos o novo ano con novas enerxías e con novos plans.  Presentámosvos a continuación o calendario de reunións para os diferentes grupos do Club de lectura:  ----------------------------------------------------------- ---------------------------------------------------------                                                                   ------------------------------------------------------- Nas reunións xa iremos concretando máis. Vémonos!                                                                               --------------------------------

"Imaxes para pensar" no 3º trimestre

Imagen
Deixámosvos aquí o calendario de reunións dos grupos do Club de Lectura para o último trimestre. Neste tempo imos dedicarnos ás imaxes, en fotografía e, sobre todo, en mangas, cómics e novela gráfica. Ademais, temos como novidade importante a actividade de Lectura interxeracional . Facémola en colaboración coa Biblioteca do Ágora , no marco do seu proxecto "La hora de lectura", co Centro de Día "Novoandanza" . Temos xa unha quincena de voluntarios preparándose para ler e conversar cos maiores deste Centro.  E xa andamos un pouco nerviosos pensando na Viaxe cultural do Club de Lectura a Salamanca e Bragança durante tres días (28 e 29 abril e 1 maio). O próximo xoves 12 faremos a reunión informativa con nais e pais, ás 19:00 horas na Biblioteca. Velaquí, o calendario : 

Por que a crueldade?

Imagen
Enlazando dalgunha maneira co Día da paz e non violencia  que estamos a conmemorar coa actividade das "Paxariñas pola paz",  na última sesión do Club de lectura (este pasado venres)  preguntámonos  pola crueldade, utilizando os materiais de filosofía visual para nenos de W onder Ponder . Xurdiron un montón de preguntas e reflexións como si estivésemos nun filocafé, pero sen café ;) Calquera pode ser vítima? Pode haber crueldade sen agresor? Pode haber crueldade con animais ou plantas? Cales son as motivacións das persoas que agreden? Que emocións senten as vítimas? E quen agrede? É a persoa agresora a única responsable? E se está actuando baixo as ordes doutras persoas?... E bastantes máis. O tempo, como sempre, non chegou a nada e quedou sen poñer un vídeo coa canción Natureza humana , de Michael Jackson , co que propoñíamos rematar. Aquí queda:  A sesión anterior dedicáramola a presentar a temática deste trimestre, PREGUNTAS PARA PENSAR, empezando p...

Pensando no amor e no desamor con RUPI KAUR

Imagen
As pasadas semanas dedicamos as sesións do Club de lectura á poesía da indo-candense  Rupi Kaur .  Limos a entrevista " Escribo para que las mujeres encuentren palabras que expliquen su sufrimiento ", deténdonos un pouco na súa biografía e logo comentando a famosa foto viral na que se a ve cunha pequena mancha da regra e tamén a súa visión da escritura como terapia para situacións de sufrimento.  Recitamos varias poesías súas do seu libro" Otras maneras de usar la boca " (en inglés, Milk and Honey ). E como as sesións coincidiron cerca do Día Internacional contra a Violencia machista puxemos un taboleiro na entrada do instituto con poesías de Rupi Kaur que consideramos inspiradoras para cavilar sobre este tema.    

Sorprendéndonos con Frida Kahlo

Imagen
Comezamos xa a nova serie de reunións do Club de lectura do curso. Desta volta, contemplando os cadros de Frida Kahlo e achegándonos á súa vida. Para isto último a nosa guía está sendo a novela gráfica  Frida Kahlo. Una biografía  de María Hesse . Na sesión deste pasado xoves, agasallamos cun tríptico sobre Frida Kahlo e o calendario do trimestre, un marcapáxinas (cortado e plastificado con moitas colaboracións;) e citas variadas do seu Diario . As pinturas de Frida supuxeron unha sorpresa e descubrimento para a maioría dos participantes. Aproveitándonos deste shok propuxemos un mini-concurso ou, mellor, un pequeno reto: escribir versos ou frases breves recollendo a impresión deixada en nós polas súas pinturas. Contarémosvos o resultado.  Se queredes mergullarvos un pouco máis en Frida Kahlo e o seu mundo, suxerímosvos un paseo virtual pola Casa azul onde ela vivíu e tanto lle gustaba e , por suposto,  unha de tida contemplación das súas pinturas . ...

SEGUIMOS CON LA INTRIGA Y EL MISTERIO

Imagen
Nuestro querido Roald Dahl nos va introduciendo en sus vivencias y en la intriga, tensión y humor que se desprenden de sus relatos, bien llamados "escalofriantes". Comenzamos adentrándonos en "Galloping Foxley", relato donde un hombre de negocios inglés caracterizado por su vida rutinaria ve alterado su cotidiano viaje en tren por la presencia de un viajero en el que cree reconocer a un antiguo compañero de colegio que le humillaba y le martirizaba físicamente. Esta historia nos hizo reflexionar sobre la práctica centenaria -llamada fagging- que obligaba a los alumnos novatos de los colegios masculinos británicos a ser criados de los veteranos.  Debatimos también sobre los principios educativos de las Escuelas Libres y nos detuvimos en un centro educativo emblemático, la escuela de pedagogía progresista británica Summerhill. Los argumentos de los alumnos fueron muy acertados con respecto a este tipo de enseñanza así como a sus reglas de convivencia y so...

Contos en verso para... un club perverso?

Imagen
Primeira sesión do Club de lectura deste curso, realizada, no noso novo espazo! Estreamos cuarto para as reunións o pasado xoves 13 de outubro cando comezamos co CL1 (con bastantes novos participantes!) charlando sobre os Contos en verso para nenos perversos que propoñemos ler.  Tanto no CL1 como no CL2 imos estar este primeiro trimestre lendo e degustando a Roald Dahl , celebrando deste modo o que sería o 100 aniversario.  Nesta reunión organizámonos para lembrar os contos clásicos dos que parte Roald Dahl en próximas sesións, para logo captar mellor a imaxinación e humor que engade o autor. Entregamos un tríptico e un marcapáxinas para animar a lectura e o ambiente....     E o mesmo día que iniciamos, van os da Academia sueca e concédenlle o premio nóbel de literatura a Bob Dylan . Estamos de noraboa! A ver como o celebramos...

Notre petit club

Imagen
O pasado mércores 18 reuniuse o club de lectura de francés, para seguir lendo as aventuras máis deportivas de Le petit Nicolas .  Coa profe Pilar, limos, comentamos.  Un recreo tranquilo e agradable... 

LITERATURA E DEPORTE ...para empezar

Imagen
Comezamos o curso e estamos a darlle voltas ás novas lecturas e actividades para o curso. Botaremos a andar cunha reunión, sen distinción de niveis, o ven r es 16 de outubro no recreo e na biblioteca. Nesa reunión detallaremos máis polo miúdo como imos facer (en principio, volveremos a separar dous grupos como no curso pasado) e escoitaremos o que nos queirades contar sobre as vosas lecturas do verán e as vosas apetencias actuais.  A nosa idea é dedicar o primeiro trimestre aos deportes... E esperamos espertar interese... Haberá tamén outras ideas e propostas... Agardamos por todas e todos vós!

Entre belas imaxes e rítmicos sons

Imagen
O pasado xoves 21 de xaneiro retomamos as reunións do Club de lectura e mergullámonos en literatura con imaxes. A reunión estaba dirixida ao grupo 1, pero veu tamén algunha xente do 2, enriquecendo a xuntanza coa súa participación.  Deleitámonos con Jimmy Liao , cos seus Desencuentros . Temos catro libros del e xa están rotando entre os membros do Club, xunto con outros da exposición. O próximo xoves haberá xuntanza do 2 dirixida por Francisca, que creo que nos fará entrar no ámbito do son...  Fican aquí algunhas fotos chulas como testemuña do ambiente.

Exposición de cómics e de libros

Imagen
Preto da data do día do libro, temos na entrada do instituto unha exposición de cómics (entre eles algún manga que impresiona polo ben realizado que está)  de 1º da ESO, e outra máis de preferencias de libros de personaxes coñecidos no eido da cultura galega: "E ti que les?" Invitámosvos a que as observedes con calma. Aínda se deixarán durante un tempo.   E  aquí unhas cantas fotos da exposición que nos emprestaron do IES de Sabón:  Non esquezas que o próximo martes 29 de abril temos reunión do Club de lectura no recreo. Neste trimestre lemos MANGAS (e algo máis). Tamén te preguntaremos iso de... E ti, que les?

Xadrez + Poesía, dándonos alegría...

Imagen
A partir de mañá luns e ata o 27 de xaneiro, está aberto o prazo de inscrición no Campionato de Xadrez no Lugrís. coa colaboración dos profes Guillermo e Vicente (cando menos), trataremos de pasar bos anacos e aprender estratexias mentres xogamos ao xadrez nos recreos das próximas semanas.  Para irnos ambientando, ademais de recomendarvos que practiquedes xogando moitas partidas, recoméndovos a lectura de Novela de xadrez , de Stefan Zweig  (libro que coñecín grazas ao grupo que recibe clases de Literatura universal na biblioteca)  e invítovos a contemplar este cadro, " A partida de xadrez " da pintora renacentista  Sofonisba Anguissola . Por outra banda, xa levan uns días postos os carteis que anuncian a primeira reunión do Club de lectura deste 2014 acabado de iniciar, para o martes, 21 de xaneiro. Este trimestre dedicarémolo a poesía variada, tomando como punto de partida o poemario Nimbos , de Díaz Castro, e de aí pasaremos a outros e outras poetas, máis ...