"Imaxes para pensar" no 3º trimestre

Deixámosvos aquí o calendario de reunións dos grupos do Club de Lectura para o último trimestre. Neste tempo imos dedicarnos ás imaxes, en fotografía e, sobre todo, en mangas, cómics e novela gráfica.

Ademais, temos como novidade importante a actividade de Lectura interxeracional. Facémola en colaboración coa Biblioteca do Ágora, no marco do seu proxecto "La hora de lectura", co Centro de Día "Novoandanza". Temos xa unha quincena de voluntarios preparándose para ler e conversar cos maiores deste Centro. 

E xa andamos un pouco nerviosos pensando na Viaxe cultural do Club de Lectura a Salamanca e Bragança durante tres días (28 e 29 abril e 1 maio). O próximo xoves 12 faremos a reunión informativa con nais e pais, ás 19:00 horas na Biblioteca.

Velaquí, o calendario




Comentarios

Entradas populares de este blog

CRISTINA GARCÍA RODERO, fotógrafa de la memoria, la emoción y la identidad

Microrrelatos de terror... con algo de conto galego