Festa intercentros do xadrez e do debate



Este pasado mércores celebramos o segundo encontro co IES Isidro PargaPondal de Carballo e o primeiro co IES Fernando Wirtz no noso centro para celebrar unha festa do xadrez, e engadimos tamén á celebración, o debate.


Ás 9:30, comezamos cunha charla impartida polo MI (Mestre Internacional) Jacobo Caselas Cabanas, quen nos sorprendeu falándonos e amosándonos unha montaxe de vídeos sobre as mulleres no mundo do xadrez. Con el, veu Moira Rodríguez Costa, unha das mellores xogadoras galegas, e tamén se dirixiu a nós para contarnos un pouco sobre as súas experiencias como xadrecista muller.


Como o pasado curso, as partidas simultáneas causaron expectación e admiración. Ver a Jacobo Caselas enfrontándose, con toda a calma e serenidade que lle caracterizan, a un veintena de mozos e mozas, é todo un espectáculo.

Logo dun picoteo na Biblioteca, máis emocións e espectáculos.

Por unha banda, cerca do mediodía tivo lugar a final entre os tres equipos nunha miniliga por equipos (cada un formado polos catro mellores xogadores de cada centro). O noso resultou ganador!!!
Noraboa ao equipo formado por Xabier, Édison, Ariel e Roque! E tamén aos equipos dos outros centros, por suposto! Polo seu esforzo e tamén polo xogo limpo e boas formas.



Simultaneamente, no Salón de Actos, tivemos  “O Gran Debate”, de novo sobre a discriminación positiva (o mesmo tema que no debate interno entre 4ºESO e 2º ESO A reseñado no blog de filolugrisofia).

Foi admirable ver aos rapaces e rapazas debater con tanta profundidade e saber-facer. Poidemos apreciar a preparación previa, tanto no contido como nas formas. O público mantívose atento en todo momento e poido observar como se coordinaban en cada equipo, como manexaban tempos e espazos amosando as súas boas capacidades oratorias e argumentativas. Todo isto, mantendo sempre o respecto, por moito que todos xogaran a gañar con todo o seu empeño. O resultado foi empate.

Noraboa, pois, tamén, para os participantes, sobre todo!, tamén para quen fixo de xurado (especialmente Brais e Rocío), e as preparadoras e o público…

 







O broche púxoo a entrega de premios. Tedes dous álbums de fotos no facebook de Biblio Lugrís: un de xadrez e outro de debate. E tamén tedes moitas no blog filolandra do IES Parga Pondal.



Comentarios

Entradas populares de este blog

Microrrelatos de terror... con algo de conto galego

CRISTINA GARCÍA RODERO, fotógrafa de la memoria, la emoción y la identidad