No CL1 seguimos as "Penúltimas tendencias"



Si, no Club de lectura dos primeiros cursos da ESO, estamos a ler poesía de Carlos Negro. En concreto, estamos a simultanear Penúltimas tendencias e Makinaria. Como son breves, non hai que animar practicamente a ler. Penso que os libros xa deberon pasar por moitas mans do Club. 
O próximo xoves imos comentar, logo de acabar de ler o epílogo que escribiu Rosa Aneiros para Makinaria. Por suposto, procuraremos escoitar Born to run, de Bruce Springsteen, que ten moito que ver con este libro.
Tamén escoitaremos opinións sobre a ditadura do fashion, cool, chic e sexy, a que están sometidas as rapazas...




Aquí déixovos algunhas fotos dos nosos encontros en xaneiro:


 




E axiña poñémonos nós a escribir algo de poesía para o Concurso Expres-arte 3, perto do día do amor e a amizade...






Comentarios

Entradas populares de este blog

CRISTINA GARCÍA RODERO, fotógrafa de la memoria, la emoción y la identidad

Microrrelatos de terror... con algo de conto galego