Entradas

Mostrando entradas de noviembre, 2019
Imagen
NOVAS REUNIÓNS DOS CLUBS DE LECTURA: LORETO SESMA E SHEL SILVERSTEIN O xoves 21 de novembro tivemos no recreo a reunión do Club de Lectura CL3. Falamos sobre a poesía de autores novos e , en concreto, sobre Loreto Sesma, unha autora que se deu a coñecer polas redes sociais. Tivemos a oportunidade de ler e comentar algunas das súas poesías e publicacións en instagram, así coma unha carta a outro novo autor, Defreds. Tamén aproveitamos que o luns 25 se celebra a conmemoración do Día Internacional da Eliminación daViolenza contra as Mulleres para ler algún dos poemas de Loreto Sesma máis reivindicativos. Ademáis, o venres 22 tivo lugar a segunda reunión do CL3, Reading Club, sobre o autor Shel Silverstein. Seguimos a ler os seus poemas cheos de humor e ironía, con moi boa aceptación por parte dos rapaces e rapazas asistentes, e coa ventaxa engadida de pasar un rato divertido falando en inglés coa nosa auxiliar de linguas Rachel.
Imagen
CLUB DE LECTURA: MARIO BENEDETTI E RUPI KAUR As reunións do Club de Lectura da semana pasada tiveron como protagonistas, por unha banda,  a Mario Benedetti, no Club en Lingua Castelá do xoves para 1º e 2º de ESO  e, por outra parte, no Reading Club do venres para  3º e 4º de ESO, Bacharelato e FP, a Rupi Kaur. Seguimos coa poesía, con moita participación por parte do alumnado e tamén con profesorado que se anima a involucrarse nestas actividades. Agradecemos a colaboración de Francisca e África, tanto por participar no Club de Lectura como polas fotos. 
Imagen
CLUB DE LECTURA EN INGLÉS: SHEL SILVERSTEIN O venres 8 tivemos a primeira reunión do CL3: Club de Lectura en Inglés para 1º e 2º de ESO. Rachel, a  nosa auxiliar de lingua estranxeira, presentounos a obra de Shel Silverstein. Os rapaces leron algúns dos seus poemas e os comentamos.
Imagen
PRIMEIRAS REUNIÓNS DO CLUB DE LECTURA Comenzamos a nova andadura do noso Club de Lectura coas primeiras reunións: O xoves 24 no recreo tivemos a primeira reunión do CL1: Club de Lectura en Galego con alumnos de 1º e 2º de ESO. Fixemos lectura de poemas de Poetízate, de Fran Alonso. E o venres 25 tivemos a primeira reunión do CL4: Club de Lectura en Inglés para 3º e 4º de ESO, Bacharelato e FP. Seguindo coa poesía, falamos de Rupi Kaur: a súa obra e a curiosa maneira na que se deu a coñecer. Ademáis, limos algúns dos seus poemas.