NOVAS REUNIÓNS DOS CLUBS DE LECTURA: LORETO SESMA E SHEL SILVERSTEIN

O xoves 21 de novembro tivemos no recreo a reunión do Club de Lectura CL3. Falamos sobre a poesía de autores novos e , en concreto, sobre Loreto Sesma, unha autora que se deu a coñecer polas redes sociais.
Tivemos a oportunidade de ler e comentar algunas das súas poesías e publicacións en instagram, así coma unha carta a outro novo autor, Defreds.
Tamén aproveitamos que o luns 25 se celebra a conmemoración do Día Internacional da Eliminación daViolenza contra as Mulleres para ler algún dos poemas de Loreto Sesma máis reivindicativos.










Ademáis, o venres 22 tivo lugar a segunda reunión do CL3, Reading Club, sobre o autor Shel Silverstein. Seguimos a ler os seus poemas cheos de humor e ironía, con moi boa aceptación por parte dos rapaces e rapazas asistentes, e coa ventaxa engadida de pasar un rato divertido falando en inglés coa nosa auxiliar de linguas Rachel.



















Comentarios

Entradas populares de este blog

CRISTINA GARCÍA RODERO, fotógrafa de la memoria, la emoción y la identidad

Microrrelatos de terror... con algo de conto galego