Entradas

Mostrando entradas de noviembre, 2017

Premios microrrelatos terroríficos

Imagen
Debuxo de Alexandru Danu (3º ESO) Xa temos a listaxe de premios dos relatos: Nivel 1 (1º-2º ESO, FPB)    ● 1º premio: Natalia Fernández Rey , 1º FPB Aloxamento    ● 2º premio: Andrea Motataianu , 2º FPB Aloxamento    ● 3º premio: David Alejandro Ramírez (2º FPB Aloxamento ) Nivel 2 (3º-4º ESO, Bach, Ciclos)   ● 1º premio: Miren Cedeira Moreira , 3º ESO   ● 2º premio: Sara Romay Varela , 2º Bach   ● 3º premio: Alexandru Danu , 3º ESO ( mellor ilustración) E aquí quédanvos os microrrelatos: Noraboa!!!  

ANIME, un xénero que engancha

Imagen
O pasado venres 24 tivemos o pracer de recibir no noso  centro a Manuel Varela Amboage,  especialista en  anime ,  o xénero de animación de orixe xaponesa que gusta tanto aos adolescentes. Comezou a charla explicando o termo  anime   (abreviatura de  animation ) e a continuación falounos da orixe do xénero amosándonos as primeiras manifestacións de animación nipona mudas e sonoras, como  Katsudo Shashin  de 1907 ,  Chikara to onna no yo naka ,  de 1933, para chegar ao primeiro longometraxe de anime con audio,  Momotaro , deus das ondas,  realizado en 1943. Explicounos detidamente os diferentes tipos de  anime  p ola orientación de audiencia ou polo tipo de xénero:   kodomo (nenos),  shôjo (rapazas), shôjen (rapaces),  seinen   (adultos),  josei   (mulleres), magical girl ( mahô shôjo , bruxiña  ou con poderes máxicos), mecha (robots xiga ntes) Non esqueceu lembrarnos as primeiras series de  anime  en ser dobradas a diferentes idiomas, como  Heidi , Marco , Mazi

Pensando no amor e no desamor con RUPI KAUR

Imagen
As pasadas semanas dedicamos as sesións do Club de lectura á poesía da indo-candense  Rupi Kaur .  Limos a entrevista " Escribo para que las mujeres encuentren palabras que expliquen su sufrimiento ", deténdonos un pouco na súa biografía e logo comentando a famosa foto viral na que se a ve cunha pequena mancha da regra e tamén a súa visión da escritura como terapia para situacións de sufrimento.  Recitamos varias poesías súas do seu libro" Otras maneras de usar la boca " (en inglés, Milk and Honey ). E como as sesións coincidiron cerca do Día Internacional contra a Violencia machista puxemos un taboleiro na entrada do instituto con poesías de Rupi Kaur que consideramos inspiradoras para cavilar sobre este tema.    

Encontro con... Antía Yáñez

Imagen
Onte martes 14 de novembro tivemos a sorte de poder gozar coa presenza de Antía Yáñez e poder charlar con ela sobre O misterio de Portomarín , que leran practicamente todos e todas as participantes.  Se cadra por iso cando, despois dunha breve exposición, chegou o momento das preguntas todo eran mans que pedían palabras.  O misterio de Portomarín  é a primeira novela da xove autora. Xa quedamos á espera dos seus seguintes traballos.   Grazas ao Departamento de galego,  ao alumnado participante, e, sobre todo, por suposto, a Antía Yáñez )

Descubrindo a cultura xitana

Imagen
Seguimos a voltas cos prexuízos e estereotipos que imperan en torno á cultura xitana.  E para mirar en positivo, puxémonos a buscar figuras destacables da cultura xitana. Lembramos a Joaquín Cortés, Camarón de la Isla, Lita Cabellut... Descubrimos, con Xulia Regueiro -quen dirixe o Club- a película de Lola, vende cá , da que deixo aquí o trailer. Seguiremos buscando.

Leyendo poesía con MIGUEL HERNÁNDEZ

Imagen
  Se conmemora este año el 75 aniversario de la muerte del gran poeta de Orihuela y nuestro Club de Lectura (CL1 y CL2) ha querido hacerle un pequeño homenaje dedicándole una sesión.  Poeta de la libertad y de la justicia, del amor puro y de la pasión. Víctima de numerosas injusticias a lo largo de su vida. Los grandes temas sobre los que gira su poesía son universales: el amor, la rebeldía, la falta de libertad, la frustración y la esperanza. Muchos músicos y cantantes han versionado sus poemas, entre ellos podemos destacar a Joan Manuel Serrat, Joan Baez, Paco Ibáñez, Extremoduro o Nach . Comenzamos a recordarlo haciendo una breve reseña de su vida. De poeta cabrero pasó a colaborar en distintas publicaciones en Madrid y a relacionarse con los grandes escitores de la época como Antonio Machado, Garcia Lorca, Vicente Aleixandre, Rafael Alberti, Juan Ramón Jiménez o Pablo Neruda. Después de conocer a su musa y esposa, Josefina Manresa, le sobreviene la guerra. Son momentos du