Entradas

Mostrando entradas de enero, 2015

"El sentido de la vida", segundo Eliseo

Imagen
Eliseo Gómez Vázquez, de 1º Bac, déixanos as súas reflexións sobre o sentido da vida. La vida es un libro, en cada capítulo se escribe un pedazo de tu historia. Esa historia tiene el sentido que le des; puedes ser feliz con los pequeños detalles de cada día y llegar así a la felicidad, o ser un inconformista que siempre quiere más y nunca le llega con lo que tiene. Todos queremos la felicidad, pero nadie sabe a ciencia cierta lo que es, y esa historia de nuestra vida va marcada por la búsqueda que hacemos de la felicidad. Y lo que está claro es que a veces creemos que la hemos encontrado y de pronto pasa algo que nos la saca de las manos, y eso es lo peor: tocas la felicidad y de un segundo a otro te caes, y el golpe es muy duro. Pero de las caídas se aprende y lo bonito de caerse es levantarse y seguir luchando para conseguir la felicidad. Para mí, ése es el sentido de la vida.

Entre belas imaxes e rítmicos sons

Imagen
O pasado xoves 21 de xaneiro retomamos as reunións do Club de lectura e mergullámonos en literatura con imaxes. A reunión estaba dirixida ao grupo 1, pero veu tamén algunha xente do 2, enriquecendo a xuntanza coa súa participación.  Deleitámonos con Jimmy Liao , cos seus Desencuentros . Temos catro libros del e xa están rotando entre os membros do Club, xunto con outros da exposición. O próximo xoves haberá xuntanza do 2 dirixida por Francisca, que creo que nos fará entrar no ámbito do son...  Fican aquí algunhas fotos chulas como testemuña do ambiente.

Literatura con imaxe e son

Imagen
Empezamos o ano, reanudamos o curso, cunha exposición de preciosos álbums ilustrados, libros de poemas, algúns con audio, e outros sen. Todos son préstamos da Biblioteca Municipal de Os Rosales e terémolos con nós durante un ou dous meses. Hai títulos moi diversos, para todo tipo de gustos e niveis, a maioría en edicións moi coidadas. Invitámosvos a que olledes, a que escoitedes, a que leades, e a que vos deixedes embargar polo seu encanto e poesía. Entre a morea de títulos prestados, comezamos por destacar uns poucos de Jimmy Liao , o poeta das ilustracións, autor taiwanés recoñecido no mundo enteiro polos seus contos. " La noche estrellada " e " Desencuentros " son algúns dos seus títulos, publicados en España pola editorial Barbara Fiore , e dos que dispoñemos na biblioteca. E co aroma que estas letras artisticamente ilustradas nos deixan queremos deixar constancia da nosa solidaridade cos humoristas gráficos de revista Charlie Hebdo , salvaxemente asasi