Entradas

Mostrando entradas de 2016

Boas lecturas de Nadal

Imagen
Desde a biblioteca, queremos felicitar este Nadal da mellor forma que sabemos: falando de libros e películas. Aquí deixámosvos algunhas suxestións xunto cos nosos mellores desexos para as festas e para o novo ano que se achega. 

Premios para empezar a celebrar

Imagen
Nas vésperas das vacacións de Nadal, entregramos os premios dos concursos da biblioteca (e os departamentos colaboradores) celebrados neste primeiro trimestre: o de Bob Dylan e o dos chíos contra a violencia machista. O ambiente xa era relaxado e festivo. Exames rematados, boletíns de notas aínda por chegar... Celebramos!!! Aquí temos a algúns dos gañadores do concurso contra a violencia machista:  Nerea e Pablo, acompañados de Susana (a directora) e África E aquí todas as persoas gañadoras do concurso sobre Bob Dylan:  Lara Jose Andrea Marta Mario Noraboa a todos e todas!!!

In honnour of Roald Dahl

Imagen
Como fin de trimestre, onte mércores tivemos a nosa primeira (e esperemos que non última) sesión do club de lectura en inglés. Por suposto, grazas ao lector do centro, Benny.  Non cabiamos no cuarto do club de lectura, todo o mundo coa atención concentrada, para non perderse...  A reunión dedicouse a Fantastic Mr. Fox . Quen queira continuar, aconsellamos ver a película, mellor en versión orixinal (con subtítulos, se é preciso). Fican aquí unhas magníficas fotos (realizadas por Francisca):    Esperamos ter máis English sessions !

Entrañable Hércules no Conto Contos

Imagen
De esquerda a dereta e de arriba a abaixo: Jéssica, Tamara, Romina, Abril, Carmen, Noelia, Morelys, Miguel, Rafael, Nerea, Jonathan, María, Monique, Francisca e África E despois da preparación, a acción. O venres 9 de decembro trece "actrices e actores" (de 1º da ESO a 2º Bacharelato) coas dúas profes e o lector de inglés Benny , cruzamos a ponte peonil para achegarnos cos nosos bártulos ao CEIP Cornide Saavedra.  Alí esperábanos con ilusión a rapazada do cole. Como estaba previsto (incluidos os pequenos imprevistos) fixemos lecturas dramatizada de Hércules e Crunia e Los doce trabajos de Hércules.   Aquí quedan algunhas fotos para a lembranza: Con Marisol, a "anfitriona" do CEIP Cornide Crunia e Hércules (ou sexa, Tamara e Noelia) Rafael Jiménez Jéssica Freire (de narradora) Jonathan, Nerea e Monique Monique, narradora Con Benny e o rato, mascota da Biblioteca do Cornide O público Unha gozada! A ver se

Preparándonos para o Conto contos

Imagen
Jésica Freire Como xa vén sendo tradición por estas datas, estamos a prepararnos para ir contar algún contos aos cativos e cativas veciñas, do CEIP Cornide Saavedra .  Grazas á iniciativa de Jésica Freire, María Rodríguez e Monique Miranda, alumnas de 2º de Bacharelato, levamos reuníndonos varios xoves para ensaiar a lectura e escenificación de dous contos: un en castelán, sobre os 12 traballos de Hércules e outro en galego " Hércules e Crunia ".  Están sendo uns xoves moi intensos, creativos e divertidos. Esta semana que entra a reunión terá que ser en mércores porque o venres 9 será a "actuación" no Cole.  Moitas grazas polo entusiasmo a todas e todos os participantes!!!     Repetiremos experiencia!

Premios do CONCURSO DYLAN

Imagen
Noraboa pola excelente participación, en especial o grupo de 2º de Bacharelato!  ;) O ALUMNADO GAÑADOR É: MELLORES TRADUCIÓNS: - 1º premio: Andrea Vázquez Ares , 2º Bach  - 2º premio: Sergio Esmorís Villar , 2º Bach - 3º premio: Namia Oujdani Sánchez , 1º ESO A. MELLORES CARÁTULAS: - 1º premio: Monique Miranda Ribeiro , 2º Bach - 2º premio: José María Expósito Otero , 2º Bach - 3º premio: Oujdani Sánchez, Namia , 1º ESO A    Accésits: Caamaño Fernández, Lara , 2º Bach                 González Guerreiro, Mario , 4º  ESO A A entrega de premios será antes das vacacións de Nadal. Os traballos están expostos na Biblioteca!

SEGUIMOS CON LA INTRIGA Y EL MISTERIO

Imagen
Nuestro querido Roald Dahl nos va introduciendo en sus vivencias y en la intriga, tensión y humor que se desprenden de sus relatos, bien llamados "escalofriantes". Comenzamos adentrándonos en "Galloping Foxley", relato donde un hombre de negocios inglés caracterizado por su vida rutinaria ve alterado su cotidiano viaje en tren por la presencia de un viajero en el que cree reconocer a un antiguo compañero de colegio que le humillaba y le martirizaba físicamente. Esta historia nos hizo reflexionar sobre la práctica centenaria -llamada fagging- que obligaba a los alumnos novatos de los colegios masculinos británicos a ser criados de los veteranos.  Debatimos también sobre los principios educativos de las Escuelas Libres y nos detuvimos en un centro educativo emblemático, la escuela de pedagogía progresista británica Summerhill. Los argumentos de los alumnos fueron muy acertados con respecto a este tipo de enseñanza así como a sus reglas de convivencia y soluciones

Chíos contra a violencia machista

Imagen
# BENQUERÉNDONOS   # IESURBANOLUGRIS Con motivo do Día Internacional contra a Violencia Machista (o 25 N), a biblioteca do centro convoca un concurso de chíos ( tweets ). Trátase de textos breves con forma de relato, mensaxe ou lemas (como os que se realizan a través da rede social twitter )   cunha extensión máxima é de 140 caracteres.     Bases : 1.  O tema terá que ver coa loita contra todo tipo de violencia machista , desde os   micromachismos e os acosos ata as expresións de violencia máis duras. Cada  persoa  poderá enviar un máximo de tres chíos ou  tweets .  2. Os chíos deberán ir acompañados das etiquetas # Benqueréndonos # iesurbanolugris .  Tamén poden entregarse escritos nunha tarxeta na biblioteca ou enviarse ao correo lerunmardecontos@gmail.com  3.  As persoas que presenten os seus tweets ao concurso serán responsables da orixinalidade e autoría dos mesmos. O centro resérvase o dereito de publicar e difundir os traballos

Concurso de letras e carátulas de Bob Dylan

Imagen
Para celebrar o premio Nóbel de Literatura concedido este ano a Bob Dylan a Biblioteca e varios departamentos (Lingua española, Lingua galega, Inglés, Música, Plástica, Filosofía) convocamos un concurso consistente en elixir unha canción , localizar a letra e traducila ao galego e/ou no deseño e realización dunha posible carátula de disco referida ao tema elixido. BASES DO CONCURSO:   Seleccionarase unha canción de Bob Dylan, traducirase a letra ao galego. E relacionando coa temática da letra, realizarase unha carátula ou portada do suposto disco da canción elixida.   Presentarase nunha cartolina preferiblemente de tamaño A4, co debuxo por un lado e a letra por detrás. Na biblioteca ofrecerase para quen o queira algún material para a realización da carátula (cartolina, papel de cores, tixeiras...) e o profesorado dos departamentos colaboradores ofrecerá asesoramento a quen así o desexe.   O prazo de entrega remata o venres 11 de novembro . As carátulas e letras entr

UNOS CUENTOS ASOMBROSOS

Imagen
El pasado jueves 20 de octubre iniciamos la travesía literaria anual de nuestro segundo grupo del CLUB DE LECTURA (CL2). Y lo hicimos con uno de los libros de relatos más sorprendentes de Roald Dahl, Relatos escalofriantes. Un libro lleno de intriga y supense  con finales inesperados donde la ironía, el humor y la imaginación se dan la mano. Muchos de los textos están llenos de influencias de las conocidísimas novelas de novela negra y de suspense de los grandes creadores del género como Patricia Highsmith, Arthur Conan Doyle o Dashiell Hammett.     Después de hacer una introducción sobre la vida del autor y comentar brevemente sus obras más relevantes, nos introdujimos en la lectura del relato titulado "Galloping Foxley", cuyo el tema central está relacionado con el rígido sistema educativo inglés. En la próxima sesión debatiremos sobre el comportamiento de ciertos personajes y de la enseñanza en los países europeos. ¡Será muy interesante!

Día da biblioteca

Imagen
O luns 24 de outubro celébrase o día da biblioteca en lembranza da destrución da biblioteca de Saraxevo incendiada en 1992 durante o conflito dos Balcáns. O único que imos facer para celebralo é colgar o simpático pregón  elaborado por Ledicia Costas   para este día. É unha  autora a quen moitos coñecedes grazas á súa Escarlatina, a cociñeira defunta e moitos outros libros.  Aproveito para lembrarvos que xa están en marcha todos os grupos do Club de lectura, todos con moito éxito e tamén que xa temos conta do Club en instagram  . E que de inmediato propoñémosvos un concurso sobre Bob Dylan.  Feliz día da Biblioteca! PREGÓN DE LEDICIA COSTAS   POLO   DÍA DA BIBLIOTECA 0 24 DE OUTUBRO    Un vagalume é unha illa perdida na noite máis densa. Cen vagalumes, unha constelación misteriosa que marca o rumbo cara a outros universos. Así, con esa estratexia de luz, organízanse os libros que moran nas bibliotecas. Son caricias fosforescentes que ince

Contos en verso para... un club perverso?

Imagen
Primeira sesión do Club de lectura deste curso, realizada, no noso novo espazo! Estreamos cuarto para as reunións o pasado xoves 13 de outubro cando comezamos co CL1 (con bastantes novos participantes!) charlando sobre os Contos en verso para nenos perversos que propoñemos ler.  Tanto no CL1 como no CL2 imos estar este primeiro trimestre lendo e degustando a Roald Dahl , celebrando deste modo o que sería o 100 aniversario.  Nesta reunión organizámonos para lembrar os contos clásicos dos que parte Roald Dahl en próximas sesións, para logo captar mellor a imaxinación e humor que engade o autor. Entregamos un tríptico e un marcapáxinas para animar a lectura e o ambiente....     E o mesmo día que iniciamos, van os da Academia sueca e concédenlle o premio nóbel de literatura a Bob Dylan . Estamos de noraboa! A ver como o celebramos...