Comezamos cos BOOKTRAILERS
Grazas a que nos concederon o contrato-programa que solicitara o Instituto, puidemos comezar a aprender como facer booktrailers (avances de libros). O pasado mércores 29, Cristina De la Torre, ilustrounos con gran información sobre os diversos modos en que se pode invitar á xente a ler un libro ou/e ver unha película. Os moi numerosos e variados participantes quedámonos coa idea de que o importante é ter unha historia que contar e á que invitar... e de que debemos darlle ilimitado uso á nosa imaxinación.
A partir de agora, imos dividirnos en grupos para traballar con historias concretas (de teatro, de contos, de intriga, en francés, en galego...) e... ao final de curso veremos os prometedores resultados.
A partir de agora, imos dividirnos en grupos para traballar con historias concretas (de teatro, de contos, de intriga, en francés, en galego...) e... ao final de curso veremos os prometedores resultados.
Para
quen participa, lembrade que temos un lugar en google drive (ligado
ao correo do Club de lectura. lerunmardecontos@gmail.com), onde está
toda a información sobre os obradoiros, o calendario de encontros, o
equipo técnico etc. Para acceder, tedes que preguntar polo
contrasinal na biblioteca.. e listo!
Lembrando
o baño de trailers e fragmentos de pelis que nos dimos nesta
primeira sesión, déixovos os enlaces para volvelos visionar e gozar
con eles: Un
dios salvaje, Arrugas, Celda
211, Romeo
& Juliet, Apocalypse
now, La
pelota vasca, Bloody
Sunday, Vals
con Bashir, Gravity,
e El
club de los poetas muertos...
Comentarios
Publicar un comentario