Viaxe cultural a ASTURIAS

Vimos de realizar, do 28 ao 30 de abril, a nosa xa case tradicional viaxe cultural do Club de lectura. Desta volta, a Asturias

Como estaba programado, vintecinco persoas dos tres grupos do Club de lectura, desde 1º ESO ata 1º Bacharelato, e tres profes, poidemos gozar da grata experiencia de tres intensos días por terras asturianas -Cudillero, Avilés, Oviedo, Senda do Oso e Xixón- e norte galego (Ribadeo, Illa Pancha e praia das Catedrais). 
Foron días intensos, cheos de emocións e vivencias únicas, cun comportamento e respecto exemplares, moitas risas e aprendizaxes teóricas e, sobre todo, vitais. Deixamos a continuación algunhas fotos, aínda que a parte gráfica elaborada e detallada, chegará co vídeo que se está a realizar. 


Comezamos o domingo, cunha parada en Cudillero







E outra en Avilés, onde xantamos (vimos o casco antigo e o Centro Niemeyer): 


En Oviedo, realizamos unha impresionante visita pola Vetusta, de A Rexenta:






Na visita guiounos unha actriz que dramatizou anacos da novela La Regenta, de Leopoldo Alas Clarín, dando vida ao personaxe principal, Ana Ozores, a Rexenta, no Oviedo (Vetusta) decimonónico

O luns fixemos en bici a Senda do Oso, pola mañá: 




Xantamos ao final da ruta ciclista para cargar pilas, antes da ruta das Xanas (só apta para valientes e resistentes ;)



E logo de cear, durmir e almorzar xa en Xixón, coñecimos a Casa de Jovellanos con guía. 


almorzo no hotel

Na casa- museo de Jovellanos (Xixón)







Aprendendo fóra das aulas intensamente!!!



        



Comentarios

Entradas populares de este blog

Microrrelatos de terror... con algo de conto galego

CRISTINA GARCÍA RODERO, fotógrafa de la memoria, la emoción y la identidad