Película Los Bando

Deixamos aquí o resumo da película Los Bando, realizada por Carolina Roel (2º ESO). É unha das películas que o alumnado viu  no Festival de cine xuvenil europeo.


Esta película foi creada en Noruega o 16 de febreiro de 2018.

Os protagonistas principais da película son Aksel e Grim dous rapaces que logran entrar ao concurso de bandas de rock de todo o país, Grim e Aksel colocaron carteles por toda a cidade, demandando que necesitaban un bajo para a súa banda.


Thilda, unha rapaza de 9 anos que toca o violoncello, foi a única que presentouse  á proba. Finalmente, Thilda foi seleccionada ao demostrar  os seus grandes dotes.Os dous amigos preguntáronlle a Thilda se tiña a autorización dos seus pais para ir de xira por toda Noruega, ela entregoulles unpapel onde os seus pais lle daban o permiso. 

Anque xa tiñan a banda formada, aínda necesitaban a alguén que puidera levalos ata a outra punta do país. Decidiron recorrer a Martin, un rapaz de 17 anos que tiña como grande aspiración ser cantante,  conseguíu que o admitiran nunha proba, pero o seu pai decidiu que ese non era un bo futuro para o seu fillo e que este debía seguir co negocio familiar. Martin decide axudalos ao lembrar como non puidera realizar o seu soño. 

Aksel e Grim despedíronse dos seus pais e logo comezaron unha longa viaxe xunto con Thilda e Martin. Na viaxe o grupo de amigos viviron moitas experiencias e fixeron moitas amizades; por exemplo, coñeceron a unha noiva que estaba moi nerviosa porque quedaba moi pouco tempo para a súa voda e non tiña ningunha maneira de ir, e entón os amigos decidiron axudala e como recompensa invítaos á súa voda a tocar e a comer tarta. 

Os amigos precisaban cartos para poder seguir coa viaxe. Aksel e Grim acababan de discutir porque Grim dixera que Aksel non cantaba ben e que era mellor que non se presentaran. Aksel quería demostrarle ao seu amigo que si que cantaba ben e decidiu apuntarse a un concurso, no que quen gañaba levaba unha importante suma de diñeiro. O concerto resultou ser unha ruina, Aksel marchouse do lugar moi decepcionado e Grim seguiuno para falar con el. Ao volver ao karaoke Martin estaba cantando, cantou tan ben que logrou gañar o primeiro posto. Cando Martin rematou de cantar, os dous maigos pedíronlle que cantara no concerto para a banda, despois de moito insistir lograron que Martin aceptara a proposta. 

Por pouco, os amigos non dan chegado ao concerto, pois a autorización de Thilda resultou ser falsa e os seus pais puxeron un anuncio pola televisión de "desaparecida"; a parte, o curmán e o pai de Martin tamén lles seguían, pois Martin marchouse sen dicirlle nada a ninguén. 

Ao final, os mozos preséntanse ao concurso e, aínda que non gañaron, Martin enfrontouse ao seu pai, e o grupo quedou en presentarse o ano seguinte e gañar. 

Comentarios

Entradas populares de este blog

CRISTINA GARCÍA RODERO, fotógrafa de la memoria, la emoción y la identidad

Microrrelatos de terror... con algo de conto galego