No Correlingua 2019: "O galego é a fórmula"


Este pasado venres, día 3 de maio*, participamos no Correlingua 2019 que se organizou na nosa cidade.


O Correlingua é un acto festivo é reivindicativo do uso e normalización do galego en todos os ámbitos. Esta é a 19 edición é levou por título “ O Galego é a Fórmula”. Quíxose destacar nesta edición a necesidade da revitalización e papel prioritario que hai que darlle ao Galego no eido científico e tecnolóxico.






 A pancarta que levamos este ano foi elaborada por tres alumnas de 1º de ESO coa supervisión do Profesor de Plástica, Quico Mato López, aos cales querémoslles agradecer a súa colaboración.
Ana Belén Ambroa e Quico Mato co cartel
Este ano acompañando ao alumnado de 2º de ESO fomos dous profesores, Ana Belén Ambroa  e Roberto Varela, que formamos parte do EDLG.

Na Coruña houbo máis de 30 Institutos participantes e preto de 3000 alumnos/as. No total de Galiza participaron 18.000 estudantes de 20 colexios e institutos. O percorrido partiu do Pazo dos deportes de Riazor ás 11 da mañá, e rematou na Torre de Hércules onde se celebrou unha pequena festa amenizada por Monoulios DOP.

O concurso de pancartas, unha vez máis, gañouno o IES de Cerceda. Acompañaron a pancarta con cancións orixinais en galego con percusión e amplificación. Unha fermosura ver e acompañar a este grupo.

O noso alumnado, como sempre, desfrutou da saída, e comportouse, tanto no bus como no percorrido, de maneira exemplar. Foi un pracer acompañalos/as.




Viva a festa do Correlingua!!!


* Relatado polo Coordinador do Equipo de Dinamización Lingüística, Roberto Varela Urrutia. 

Comentarios

Entradas populares de este blog

Microrrelatos de terror... con algo de conto galego

CRISTINA GARCÍA RODERO, fotógrafa de la memoria, la emoción y la identidad